viernes, 29 de noviembre de 2013

VISITA DUN VAMPIRO...

COMO XA VOS CONTAMOS, FAI UNS DÍAS A BRUXIÑA TRÓUXONOS AS SÚAS MASCOTAS E AGORA...QUERE PRESENTARNOS AOS SEUS AMIGOS, ENTRE ELES, UN VAMPIRO!!


ESTIVEMOS INVESTIGANDO COUSAS SOBRE A SÚA VIDA. SABEMOS QUE SE ALIMENTA DE SANGUE, QUE VIVE EN CASTELOS, QUE DORME EN ATAÚDES E QUE OS SEUS ANIMAIS DE COMPAÑÍA SON OS MORCEGOS...

E PARA FACERLLE UN HOMENAXE  A ESTE PERSONAXE QUE MELLOR QUE CONVERTIRNOS EN VAMPIROS!!

ELABORAMOS UNHAS CARETAS E, ADEMÁIS, PINTAMOS UN BIGOTE E UNS CAIROS COMA OS DEL...QUEREDES VERNOS??







domingo, 24 de noviembre de 2013

SOMOS INVESTIGADORES...

XA REMATAMOS O NOSO LIBRO VIAXEIRO I "O MONSTRO DO OUTONO" QUE, POR CERTO, QUEDOUNOS CHULÍSIMO E XA FORMA PARTE DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA. ENCÁNTANOS VELO UNHA E OUTRA VEZ!!

E COMO  A BRUXA SE ENTERA DE TODO... QUE FIXO? POIS...ENCARGARNOS OUTRA TAREFA!! ESCRIBIUNOS UNHA CARTA PEDÍNDONOS QUE ELABORASEMOS UNS CARNÉS DE INVESTIGADORES PARA BUSCAR OBXECTOS CON FORMA DE CÍRCULO... E NISO ESTAMOS. 

OS NEN@S ESTÁN A FACER DE INVESTIGADORES E XA TEMOS UNS CANTOS. MIRADE, MIRADE...




ADEMÁIS, CON ESTES OBXECTOS, RECORTES...APROVEITAMOS PARA TRABALLAR OUTROS CONCEPTOS BÁSICOS COMO "GRANDE", "MEDIANO", "PEQUENO"... TODO UN DESCUBRIMENTO!!

ESTE MURAL CADA VEZ ESTÁ MÁIS CHEO!! QUE BOS INVESTIGADORES TEMOS NA CLASE...




E SEGUE A ENCHERSE DE OBXECTOS CON FOMA CIRCULAR...



A CURUXA DA BRUXA...

CANTAS COUSAS NOS TRAE Á CLASE A NOSA BRUXIÑA!! ESTES DÍAS QUIXO DEIXARNOS ÁS SÚAS MASCOTAS...

UN DÍA TROÚXONOS Á SÚA CURUXA...PERO ESTA BRUXIÑA DISTRAIDA ESQUECEUSE DE TRAELA ABRIGADIÑA... E AGORA QUE??



POIS...APROVEITANDO QUE ESTAMOS NA ESTACIÓN DO OUTONO DECIDIMOS VESTILA CON FOLLAS...QUEREDES VER COMO NOS QUEDOU??




TAMÉN ELABORAMOS UNS COGOMELOS PARA ORNAMENTAR A ENTRADA DA NOSA AULA...






QUE AMBIENTE MÁIS OUTONAL!!


jueves, 21 de noviembre de 2013

CONTOS E CANCIÓNS...

DEIXOVOS POR AQUÍ O VIDEO DO CONTO "GATO GUILLE E OS MONSTROS" QUE TANTO NOS GUSTOU...

video

TAMÉN NOS GUSTA MOITO A CANCIÓN DA BRUXIÑA TAPIÑA E A DA BRUXA DA RÚA 22...

video


video

domingo, 10 de noviembre de 2013

ELABORANDO O MURAL DO OUTONO...

O MAGOSTO, O SAMAÍN, AS FOLLAS, OS FROITOS...COMO NOS GUSTA A ESTACIÓN DO OUTONO...

E QUE MELLOR FORMA DE DEMOSTRALO QUE DECORANDO O NOSO COLE CON ELEMENTOS TÍPICOS DESTA ESTACIÓN...


OS NEN@S DE 4 ANOS, FIXEMOS UNS CARACOIS CHULÍSIMOS PARA DECORAR O MURAL DO OUTONO...QUEREDES VER COMO OS FIXEMOS?





OS NOSOS COMPIS DE 3 ANOS TAMÉN COLABORARON ELABORANDO UNHAS FOLLAS DE OUTONO PRECIOSAS...

E ESTE É O RESULTADO DE TANTO TRABALLO...


sábado, 2 de noviembre de 2013

CORRE CORRE CABACIÑA...

AO LONGO DA UNIDADE DIDÁCTICA DO OUTONO ESTIVEMOS TRABALLANDO, ENTRE OUTRAS COUSAS, O CONTO "CORRE, CORRE CABACIÑA" E A SÚA CANCIÓN. 

ANÍMOVOS A QUE VEXADES O CONTO COS VOSOS FILL@S E, POR SUPOSTO, A CANTAR ESTA CANCIÓN QUE TANTO NOS GUSTA...