martes, 30 de septiembre de 2014

EXPERIMENTAMOS COAS CORES

QUE ILUSIÓN!! A NOSA MASCOTA LILA POR FIN NOS FIXO O SEU PRIMEIRO ENCARGO!! 
DEIXOUNOS UNHA MOREA DE COUSAS NO BUZÓN; UN VASO, UNHA CULLER, AUGA, COLORANTE VERMELLO E COLORANTE AZUL. ADIVIÑADES CAL SERÍA O ENCARGO?

SIIIII!!...LILA, A TRAVÉS DUNHA CARTA, PEDIUNOS QUE MESTURASEMOS AS DÚAS CORES E QUE LLE CONTARAMOS QUE NOVA COR SAIA DESA MESTURA...

E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. QUEREDES VELO?

video

E COMO AS CORES SON MÁXICAS AO MESTURAR A COR AZUL COA VERMELLA...



OBTEMOS UNHA FERMOSA COR VIOLETA! E ASÍ LLO FIXEMOS SABER Á NOSA MASCOTA LILA!


viernes, 26 de septiembre de 2014

FELIZ CUMPREANOS!!

ESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO FRAN E BRAIS! MOITOS PARABÉNS!!



AQUÍ VOS DEIXO AS VOSAS CANCIÓNS DE CUMPREANOS PERSONALIZADAS!! (UNHA IDEA XENIAL QUE ATOPEI NO BLOGUE DE CATI GUILLERMO  www.lospequesdemicole.blogspot.com.es).





QUEREDES COÑECERNOS?

A NOSA PRESENTACIÓN FÍXOSE ESPERAR PERO...XA ESTÁ AQUÍ!! QUEREDES COÑECER AOS NEN@S DE 4 ANOS DO CEIP ELOISA RIVADULLA DE CHANTADA? POIS NON PERDADES DETALLE...





SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow

ESTAREMOS ENCANTAD@S DE COMPARTIR CON TOD@S VÓS AS EXPERIENCIAS QUE LEVEMOS A CABO NA NOSA AULA!!



domingo, 14 de septiembre de 2014

O "OSO MARRONOSO"

ESTE VERÁN, MERGULLÁNDOME POLOS DIFERENTES BLOGUES ADICADOS Á EDUCACIÓN INFANTIL, DESCUBRIN UNHA HISTORIA MOI FERMOSA CUN PROTAGONISTA MOI ESPECIAL, O "OSO MARRONOSO".


TRÁTASE DUN OSIÑO UN POUCO CAPRICHOSO QUE, CADA VEZ QUE SAE DA CASA, ANTÓXASELLE TROCAR A SÚA COR MARRÓN POLAS CORES QUE VAI VENDO AO LONGO DO SEU CAMIÑO. 

DEBIDO A QUE É UNHA HISTORIA MOI SINXELA DE PERSONALIZAR, PARECEUME IDÓNEA PARA CONTARLLA AOS MEUS PEQUES ESTES PRIMEIROS DÍAS DE COLE. 

ESTE OSIÑO PARDO DEU UNHA VOLTA POLA CLASE E....


NAMOROUSE DOS PANTALÓNS E DO LAZO VERMELLOS DE ANDREA!  COMO TEN A SORTE DE TER PODERES MÁXICOS, DEU UNHA VOLTIÑA E...


CONVERTIUSE NO "OSO VERMELLOSO"! 

NON CONTENTO CON ISO, DURANTE O SEU TRAXECTO NAMOROUSE DA COR AMARELA DO MALETÍN QUE TEMOS NO NOSO RECANTO DE ARTE E...


CONVERTIUSE NO "OSO AMARELOSO"

DEU MEDIA VOLTA E VIU A CAROLINA, COA SÚA FERMOSÍSIMA CAMISETA VERDE. "AI ! QUE BONITA ESTA CAMISETA VERDE! QUERO SER DE COR VERDE!" E CUN CHISCO DE MAXIA....


CONVERTIUSE NO "OSO VERDOSO"

SEGUIU COA SÚA VIAXE E VIU OS PANTALÓNS AZUIS DE FRAN...."PERO QUE CHULOS SON ESTES PANTALÓNS! QUERO SER DESA COR!" E TACHÍN, TACHÁN...


CONVERTIUSE NO "OSO AZULOSO"

CLARO, CANDO CHEGOU Á SÚA CASA, A SÚA MAMÁ NON O COÑECÍA;

- "TI NO ES "OSO MARRONOSO"! ONDE ESTÁ O MEU FILLIÑO?"

E "OSO MARRONOSO" PARA TRANQUILIZALA DÍXOLLE:

- TRANQUILA MAMÁ! SON EU! XA VERAS...

VOLVEU POÑER EN MARCHA OS SEUS PODERES MÁXICOS E...


CONVERTIUSE DE NOVO NO "OSO MARRONOSO".



AOS NEN@S ENCANTOULLES, SOBRE TODO, PORQUE ELES FORMABAN PARTE DA HISTORIA.

SE ESTADES INTERESAD@S NO PROCESO DE ELABORACIÓN DO CONTO E NO TEXTO QUE FORMA PARTE DA HISTORIA (AÍNDA QUE, COMO FIXEN EU, PODEDES PERSONALIZALO) VISITADE O SEGUINTE ENLACE DO BLOGUE "AVENTURA DIMINUTA" http://www.aventuradiminuta.blogspot.com.es/2012/09/las-aventuras-del-oso-marronoso-cuento.html

miércoles, 10 de septiembre de 2014

FELIZ CURSO 2014/15

CHEGOU O GRAN DÍA!!!!!! COMEZA UN CURSO CUNHA MOREA DE NOVIDADES...PERO A MÁIS IMPORTANTE É QUE TEÑO NOVOS NENOS E NENAS; A AULA DE 4 ANOS DO CEIP ELOISA RIVADULLA DE CHANTADA.

ESTES PRIMEIROS DÍAS DE ADAPTACIÓN ÍMOS TRABALLAR, SOBRE TODO, AS NORMAS DE AULA E AS RUTINAS. PERO NON HAI QUE ESQUECER QUE ESTES NEN@S CAMBIARON DE TITORA E TEÑEN NOVOS PROFES, POR ESA RAZÓN, PARECEUME FUNDAMENTAL A LECTURA DESTE CONTO  (UN AGASALLO FERMOSÍSIMO DA MIÑA AMIGA E COLEGA LAURA)...


AÍNDA QUE É UN CONTO MÁIS DIRIXIDO AO PERIODO DE ADAPTACIÓN DOS MÁIS PEQUERRECHOS, CONSIDEREI QUE ERA IMPORTANTE FACERLLE SABER AOS MEUS PEQUES QUE EU ESTOU AÍ PARA ATENDER AS SÚAS NECESIDADES, DARLLES MOITO AFECTO, ENSINAR Á VEZ QUE APRENDER UNHA MOREA DE COUSAS CON ELES, AXUDARLLES NA ADQUISICIÓN DE HÁBITOS E NO CUMPRIMENTO DAS NORMAS...E MOITAS COUSAS MÁIS QUE FACEMOS AS PROFES.

APROVEITO ESTA ENTRADA PARA DARLLE AS GRAZAS Á MIÑA AMIGA LAURA E PARA DESEXARVOS A TODOS UN FELIZ CURSO ESCOLAR!!