viernes, 19 de diciembre de 2014

O FESTIVAL DO NADAL

CHEGOU O NADAL AO CEIP ELOÍSA RIVADULLA E, PARA CELEBRALO, NEN@S, FAMILIAS E MESTRES PARTICIPAMOS NUN FERMOSOS FESTIVAL CHEO DE EMOCIÓN E ILUSIÓN.

PERO ESTES DÍAS DE NADAL NON SÓ FORON ENSAIOS NO COLE, FIXEMOS UNHA MOREA DE COUSAS MÁIS; ELABORAMOS POSTAIS, VISITOUNOS PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS, SACAMOS DIVERTIDAS FOTOGRAFÍAS NAS QUE NOS CONVERTEMOS NAS SÚAS MAXESTADES....PERO MELLOR BOTADE UNHA OLLADA!





SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow

E PARA PORLLE A GUINDA AO PASTEL, POR FÍN CONVERTEMOS OS ENSAIOS NUNHA FERMOSA ACTUACIÓN CHAMADA "O APALPADOR". QUEREDES VER UN CHISQUIÑO?







video


QUE PEQUENOS GRANDES ARTISTAS SON OS MEUS NEN@S!!!! DENDE O NOSO BLOGUE QUERO DESEXARLLES UN BO NADAL E UN FELIZ ANO PARA ELES E AS SÚAS FAMILIAS.


lunes, 15 de diciembre de 2014

"O APALPADOR"

O FESTIVAL DO NADAL ESTÁ A VOLTA DA ESQUINA E NA AULA DE 4 ANOS ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE PARA PODER BAILAR A CANCIÓN "O APALPADOR" DO LIBRO.DISCO "BRINCA VAI" DE PACO NOGUEIRAS.


COMO MOITOS DOS PAPÁS/MAMÁS ME ESTÁN  A PEDIR A CANCIÓN PARA PODER ENSAIAR COS SEUS PEQUES NA CASA, AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO COA CANCIÓN. 


ESPERO QUE VOS GUSTE E QUE O PASEDES MOI BEN COS VOS@S FILL@S ENSAIANDO O BAILE.


viernes, 12 de diciembre de 2014

O OUTONO INVADE A NOSA AULA

DURANTE ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, ESTIVEMOS A TRABALLAR, ENTRE OUTROS, CONTIDOS RELACIONADOS COA ESTACIÓN DO OUTONO; AS CORES QUE RODEAN O ENTORNO NATURAL, FROITOS SECOS E CARNOSOS, ÁRBORES DE FOLLA PERENNE E FOLLA CADUCA....

COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, MOITOS DOS TRABALLOS RELACIONADOS CON ESTA TEMÁTICA LEVARONSE A CABO NO RECANTO DE ARTE, ONDE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DEIXAR VOAR A NOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE.

APROVEITANDO QUE NO NOSO ENTORNO HAI UNHA MOREA DE FOLLAS DE OUTONO, DECIDIMOS DECORALAS CON TÉMPERAS SÓLIDAS E DARLLE VIDA Á ARBORE DA NOSA AULA. 

ADEMÁIS, DURANTE ESTE TEMPO, FOMOS OBSERVANDO CALES ERAN AS CORES PREDOMINANTES DESTA ESTACIÓN, AS CALES EMPREGAMOS PARA FACER UNHA PRECIOSA OBRA EMPREGANDO AS ESPONXAS COMO TÉCNICA PLÁSTICA.

PERO COMO EU SEMPRE DIGO, UNHA IMAXE (OU VARIAS) VALEN MÁIS QUE MIL PALABRAS...



SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow




jueves, 11 de diciembre de 2014

APPs PARA O NADAL

ESTES DÍAS PREVIOS AO NADAL, OS MEUS PEQUES TERÁN A OPORTUNIDADE DE XOGAR CON DIFERENTES APPs RELACIONADAS CON ESTA TEMÁTICA NO RECANTO DAS TICs.

QUEREDES SABER QUE APPs ÍMOS EMPREGAR?

A PRIMEIRA DELAS CHÁMASE "KIDS DOTS NAVIDAD" E CONSISTE EN IR UNINDO OS NÚMEROS PARA DARLLE FORMA A UN ELEMENTO TÍPICO DO NADAL. DÉIXOVOS DOUS EXEMPLOS:





A SEGUNDA DELAS "JUEGOS PUZZLES NAVIDAD" CONSISTE EN ELABORAR OS DIFERENTES CREBACABEZAS RELACIONADOS CO NADAL. AQUÍ VOS DEIXO UN DOS TANTOS QUE APARECEN:





A TERCEIRA APP, "NIÑOS NAVIDAD ROMPECABEZAS", TAMÉN CONSISTE EN COMPLETAR OS DIFERENTES CREBACABEZAS DÁNDONOS A POSIBILIDADE DE ESCOLLER ENTRE DIFERENTES NIVEIS; DOADO, MEDIO, DIFÍCIL. UN EXEMPLO É O SEGUINTE:




A CUARTA E DERRADEIRA APP, OFRECE DIFERENTES XOGOS ENTRE OS QUE ATOPAMOS DIVERTIDOS ELEMENTOS DO NADAL AOS QUE LLES TEMOS QUE IR COLOCANDO AS PEZAS QUE OS FORMAN.  



ESPERO QUE VOS GUSTEN E QUE VOS SEXAN DE UTILIDADE PARA ESTE DÍAS.