sábado, 28 de diciembre de 2013

PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO PAN DE MILLO

HOXE TIVEN A GRAN SORTE DE PODER ACUDIR A UNHA DAS ACTUACIÓNS MÁIS ESPERADAS PARA AQUELAS PERSOAS ÁS QUE LLES GUSTA TANTO A MÚSICA INFANTIL COMO A MÚSICA EN GALEGO...A PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO PAN DE MILLO.

ESTIVERON XENIAL...


MOITAS GRAZAS POR FACER FELICES A TANTOS NEN@S E AOS QUE NON SON TAN NEN@S...



domingo, 22 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓN PARA O NADAL...PAN DE MILLO

AGORA QUE OS PEQUES TEÑEN UNS DÍAS DE VACACIÓNS (MOI MERECIDOS POR CERTO), PODEDES ACHEGARVOS A AUDITORIOS E/OU BIBLIOTECAS ONDE ACTÚAN DIFERENTES GRUPOS DE TEATRO.

EN CONCRETO, VOU RECOMENDARVOS UN QUE A MIN, PERSOALMENTE, ENCÁNTAME. O GRUPO CHÁMASE "MIGALLAS"  E ESTES DÍAS ACTÚA EN DIFERENTES VILAS DE GALICIA.

ESTÁN A REALIZAR DIFERENTES ESPECTÁCULOS, ENTRE ELES, A PRESENTACIÓN DO LIBRO "PAN DE MILLO" . UN TRABALLO DE MÚSICA INFANTIL EXCELENTE!!


INFÓRMOVOS DE LUGARES E DATAS POR SE QUEREDES IR COS PEQUES.

22/12/2013_______ 17:30________Ribadeo________Auditorio________"O libro máxico"

26/12/2013_______18:00________Pontevedra______biblioteca________"Contos nas orellas"

28/12/2013______12:00________Ferrol_______Galeria Sargadelos___ "Pan de millo"

2/01/2014_______18:30_______Lugo_____Deputación Lugo______"Merenda con pan de millo"

Se queredes información sobre máis datas e lugares podedes visitar a seguinte páxina web:

http://www.migallas.com/

ANIMÁDEVOS!! AOS PEQUES VAILLES ENCANTAR!!

RENOVANDO O BLOGUE...

COMO VEDES, O NOSO BLOGUE CAMBIOU UN POUCO A SÚA APARIENCIA. SEGUE A SER MESMO E COA MESMA DIRECCIÓN PERO CON ALGÚNS TROCOS QUE CONSIDERABA NECESARIOS. 

ESPERO QUE VOS GUSTE!!


viernes, 20 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS...

OS NEN@S DA CLASE DE 4 ANOS A E A PROFE SILVIA QUEREMOS DESEXARLLES A TODAS AS NOSAS FAMILIAS QUE TEÑAN UN BO NADAL E UN FELIZ ANO 2.014...


HOXE PINTÁMONOS DE RENOS (AÍNDA QUE A ALGÚN NON LLE CONVENCEU A IDEA E PREFIRIU NON PINTARSE) E CON ESTAS IMAXES TAN SIMPÁTICAS QUEREMOS FELICITARVOS O NADAL. NON PERDADES DETALLE...


















FELICES FESTAS!!


martes, 17 de diciembre de 2013

RENOS PARA O NADAL..

PARA ADORNAR O NOSO MURAL DO NADAL, ELABORAMOS UNS RENOS EMPREGANDO O NOSO PROPIO CORPO...OS SEUS CORNOS SON, EN REALIDADE, AS NOSAS MANS!!

ASÍ OS FIXEMOS...






E ASÍ NOS QUEDARON...




TAMÉN DECORAMOS AS NOSAS PROPIAS ÁRBORES DE NADAL...


sábado, 14 de diciembre de 2013

PARABÉNS ALEX!!

ESTA SEMANA TAMÉN ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓN. ALEX CUMPRIU 4 ANOS...



PARABÉNS ALEX!!

DIPLOMAS DE BRUXAS E BRUXOS...

CHEGA O REMATE DO TRIMESTRE E, CON EL, O REMATE TAMÉN DO NOSO PRIMEIRO PROXECTO; OS MEDOS. 

DURANTE ESTE PROXECTO APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS MONSTROS, AS BRUXAS, AS  PANTASMAS, OS VAMPIROS, OS MORCEGOS... E, POR ISO, A NOSA BRUXIÑA QUIXO DARLLES AOS NENOS UNHA SORPRESA ESPECIAL; UN DIPLOMA DE BRUXOS E BRUXAS. 

PERO ANTES, QUIXO FACERLLES UNHAS PREGUNTIÑAS PARA ASEGURARSE DE TODO O QUE APRENDERAN. 

A TRAVÉS DUNHA CARTA QUE NOS ENVIOU, VIMOS QUE PARA CADA NEN@ HABÍA UNHA PREGUNTA E UNHA PREGUNTA FINAL PARA TOD@S. 

CONTESTAMOS MOI BEN ÁS PREGUNTAS E RECITAMOS TOD@S XUNTOS A POESÍA "UNHA PANTASMA CON ASMA" ASI QUE...DIPLOMA CONSEGUIDO!!

POR SER UNHAS BRUXAS E UNS BRUXOS EXCELENTES...






ADORNOS DE NADAL CON PASTA DE SAL...

CHEGOU O NADAL E, PARA DECORAR O COLE, ADEMÁIS DE ELABORAR AS POSTAIS, DECIDIMOS FACER UNS ADORNOS NAVIDEÑOS CON PASTA DE SAL. 

O PROCESO DE ELABORACIÓN FOI TODO UN DESCUBRIMENTO. CON SÓ TRES INGREDIENTES: FARIÑA, SAL E AUGA CONSEGUIMOS FACER UNHA MASA E, PARA DARLLE COR, BOTAMOS TÉMPERAS DE DIFERENTES CORES; LARANXA, AZUL E VERDE.

DEIXÁMOLA REPOSAR E, POLA TARDE, COLLÉRONNOS COAS MANS NA MASA...QUEREDES VELO?




PRIMEIRO, MANIPULÁMOLA E EXPERIMENTAMOS UN POUCO CON ELA. FIXEMOS CASAS...



OS NOSOS NOMES...


E XA, POR ÚLTIMO, COA XUDA DUNS MOLDES FIXEMOS AS FIGURIÑAS DE NADAL.

ESTE FOI O RESULTADO FINAL...


lunes, 9 de diciembre de 2013

POSTAIS DO NADAL

COMO XA VOS CONTAMOS, ESTIVEMOS ELABORANDO AS NOSAS POSTAIS DE NADAL E, HOXE, POR FIN, QUEDARON REMATADAS. QUEREDES VELAS?



PARECE QUE TANTO TRABALLO MERECEU  A PENA... QUE CHULAS!!

viernes, 6 de diciembre de 2013

PARABÉNS IRENE!

ESTA SEMANA ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓN!! A NOSA COMPAÑEIRA IRENE CUMPRIU 4 ANOS...




PARABÉNS IRENE!!


ELABORAMOS AS POSTAIS DE NADAL...

XA ESTÁ O NADAL Á VOLTA DA ESQUINA E, SEN PRÉSA PERO SEN PAUSA, PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA ELABORAR UNHAS POSTAIS QUE SERÁN EXPOSTAS NO NOSO COLE...

QUEREDES VER COMO O FIXEMOS?...





DECORAMOS UN FONDO AZUL ESCURO CON PINTURA DE DEDOS E RASGAMOS PAPELIÑOS PARA DECORAR AS ÁRBORES. ASÍ NOS QUEDARON...


CANDO TEÑAMOS AS POSTAIS REMATADAS PROMETEMOS ENSINALAS AQUÍ!!

UN MORCEGO CHEGA Á AULA...

UNHA DESTAS FRÍAS MAÑÁS CHEGAMOS Á AULA E...QUEN HABÍA ALÍ AGOCHADO TRAS UNHA CAIXA?...OHHHHHHHH UN MORCEGO!!


COMO CHEGARÍA ATA AQUÍ? SERÍA TRAÍDO POLA BRUXA? OU POLO VAMPIRO?...AO MELLOR CHEGOU SOÍÑO PORQUE CON ESAS ÁS SABEMOS QUE PODE VOAR.

OBSERVÁMOLO MOI BEN E TAMÉN LLE VIMOS OS OLLOS, AS ORELLAS, A BOCA, AS PATAS, ESAS ÁS XIGANTES...

E, DE REPENTE, XURDIU UNHA PREGUNTA...SE TEN FAME E LLE QUEREMOS DAR DE COMER... QUE PODEMOS DARLLE?

DECIDIMOS BUSCAR INFORMACIÓN A CERCA DISTO E GRAZAS A UNHAS FOTOGRAFÍAS QUE VIMOS NA TABLET SOUBEMOS QUE PODEN ALIMENTARSE DE SANGUE, DE FROITOS, DE INSECTOS OU, INCLUSO, DE PEIXE. ISTO DEPENDE DA ESPECIE DE MORCEGO QUE SEXA. 

TAMÉN DESCUBRIMOS QUE DURMEN COA CABEZA CARA ABAIXO. ASÍ...




viernes, 29 de noviembre de 2013

VISITA DUN VAMPIRO...

COMO XA VOS CONTAMOS, FAI UNS DÍAS A BRUXIÑA TRÓUXONOS AS SÚAS MASCOTAS E AGORA...QUERE PRESENTARNOS AOS SEUS AMIGOS, ENTRE ELES, UN VAMPIRO!!


ESTIVEMOS INVESTIGANDO COUSAS SOBRE A SÚA VIDA. SABEMOS QUE SE ALIMENTA DE SANGUE, QUE VIVE EN CASTELOS, QUE DORME EN ATAÚDES E QUE OS SEUS ANIMAIS DE COMPAÑÍA SON OS MORCEGOS...

E PARA FACERLLE UN HOMENAXE  A ESTE PERSONAXE QUE MELLOR QUE CONVERTIRNOS EN VAMPIROS!!

ELABORAMOS UNHAS CARETAS E, ADEMÁIS, PINTAMOS UN BIGOTE E UNS CAIROS COMA OS DEL...QUEREDES VERNOS??