CHEGOU O NADAL E, PARA DECORAR O COLE, ADEMÁIS DE ELABORAR AS POSTAIS, DECIDIMOS FACER UNS ADORNOS NAVIDEÑOS CON PASTA DE SAL.
O PROCESO DE ELABORACIÓN FOI TODO UN DESCUBRIMENTO. CON SÓ TRES INGREDIENTES: FARIÑA, SAL E AUGA CONSEGUIMOS FACER UNHA MASA E, PARA DARLLE COR, BOTAMOS TÉMPERAS DE DIFERENTES CORES; LARANXA, AZUL E VERDE.
DEIXÁMOLA REPOSAR E, POLA TARDE, COLLÉRONNOS COAS MANS NA MASA...QUEREDES VELO?
OS NOSOS NOMES...
E XA, POR ÚLTIMO, COA XUDA DUNS MOLDES FIXEMOS AS FIGURIÑAS DE NADAL.
ESTE FOI O RESULTADO FINAL...
No hay comentarios:
Publicar un comentario