TER MASCOTAS NA AULA É TODA UNHA RESPONSABILIDADE. COMO BOS COIDADORES TEMOS QUE TROCAR AS FOLLAS DE MOREIRA MURCHAS POR UNHAS FRESCAS E TENRAS. PARA ISTO, PRIMEIRO, DEBEMOS SACAR AS EIRUGAS DA CAIXA, LIMPALA E, DESPOIS, CON MOITO COIDADO VOLVER INTRODUCIR OS NOSOS GUSANOS.
ANTES DE GARDALOS, SEMPRE APROVEITAMOS PARA TOCALOS E OBSERVALOS...
AS NOSAS EIRUGAS SON CEBRADAS PERO TAMÉN TEMOS ALGUNHAS SÓ DE COR BRANCA, TAMÉN SON BRANDAS (SABEMOS QUE ISO É PORQUE NON TEÑEN ÓSOS), SON FRÍAS, SUAVES... UNHA MOREA DE SENSACIÓNS QUE ESTIMULAN O NOSO SENTIDO DO TACTO.
ADEMÁIS DE FAVORECER A ESTIMULACIÓN SENSORIAL, AS NOSAS MASCOTAS PERMITEN QUE PODAMOS TRABALLAR CONCEPTOS MATEMÁTICOS; CONTANDO CANTAS EIRUGAS TEMOS, CANTAS FOLLAS COMEN AO DÍA, EMPREGANDO UN MEDIDOR PARA COÑECER A SÚA LONXITUDE...
DENTRO DE MOI POUCO, XA PODEREMOS CONTAR NON SÓ EIRUGAS SENÓN TAMÉN CASULOS E BOLBORETAS!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario