GIUSEPPE ARCIMBOLDO, FOI UN PINTOR ITALIANO, COÑECIDO SOBRE TODO POLAS SÚAS REPRESENTACIÓNS DO ROSTRO HUMANO A PARTIR DE FLORES, FROITAS, PLANTAS, ANIMAIS OU OBXECTOS. PINTABA REPRESENTACIÓNS DESTES OBXECTOS COLOCADOS DE TAL XEITO QUE TODO O CONXUNTO TIÑA UNHA SEMELLANZA RECOÑECIBLE CO SUXEITO RETRATADO.
ENTRE AS SÚAS OBRAS DESTACAN AS RELATIVAS ÁS DIFERENTES ESTACIÓNS:
A PRIMAVERA
O VERÁN
O OUTONO
O INVERNO
TOMANDO COMO REFERENTE A ESTE ARTISTA, CREAMOS OS NOSOS PROPIOS RETRATOS DO OUTONO.
PRIMEIRO, DECORAMOS OS FROITOS...
A CONTINUACIÓN, COLOCÁMOLOS E PEGÁMOLOS NO NOSO RETRATO. QUEREDES VER QUE BONITOS NOS QUEDARON?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario