domingo, 14 de septiembre de 2014

O "OSO MARRONOSO"

ESTE VERÁN, MERGULLÁNDOME POLOS DIFERENTES BLOGUES ADICADOS Á EDUCACIÓN INFANTIL, DESCUBRIN UNHA HISTORIA MOI FERMOSA CUN PROTAGONISTA MOI ESPECIAL, O "OSO MARRONOSO".


TRÁTASE DUN OSIÑO UN POUCO CAPRICHOSO QUE, CADA VEZ QUE SAE DA CASA, ANTÓXASELLE TROCAR A SÚA COR MARRÓN POLAS CORES QUE VAI VENDO AO LONGO DO SEU CAMIÑO. 

DEBIDO A QUE É UNHA HISTORIA MOI SINXELA DE PERSONALIZAR, PARECEUME IDÓNEA PARA CONTARLLA AOS MEUS PEQUES ESTES PRIMEIROS DÍAS DE COLE. 

ESTE OSIÑO PARDO DEU UNHA VOLTA POLA CLASE E....


NAMOROUSE DOS PANTALÓNS E DO LAZO VERMELLOS DE ANDREA!  COMO TEN A SORTE DE TER PODERES MÁXICOS, DEU UNHA VOLTIÑA E...


CONVERTIUSE NO "OSO VERMELLOSO"! 

NON CONTENTO CON ISO, DURANTE O SEU TRAXECTO NAMOROUSE DA COR AMARELA DO MALETÍN QUE TEMOS NO NOSO RECANTO DE ARTE E...


CONVERTIUSE NO "OSO AMARELOSO"

DEU MEDIA VOLTA E VIU A CAROLINA, COA SÚA FERMOSÍSIMA CAMISETA VERDE. "AI ! QUE BONITA ESTA CAMISETA VERDE! QUERO SER DE COR VERDE!" E CUN CHISCO DE MAXIA....


CONVERTIUSE NO "OSO VERDOSO"

SEGUIU COA SÚA VIAXE E VIU OS PANTALÓNS AZUIS DE FRAN...."PERO QUE CHULOS SON ESTES PANTALÓNS! QUERO SER DESA COR!" E TACHÍN, TACHÁN...


CONVERTIUSE NO "OSO AZULOSO"

CLARO, CANDO CHEGOU Á SÚA CASA, A SÚA MAMÁ NON O COÑECÍA;

- "TI NO ES "OSO MARRONOSO"! ONDE ESTÁ O MEU FILLIÑO?"

E "OSO MARRONOSO" PARA TRANQUILIZALA DÍXOLLE:

- TRANQUILA MAMÁ! SON EU! XA VERAS...

VOLVEU POÑER EN MARCHA OS SEUS PODERES MÁXICOS E...


CONVERTIUSE DE NOVO NO "OSO MARRONOSO".



AOS NEN@S ENCANTOULLES, SOBRE TODO, PORQUE ELES FORMABAN PARTE DA HISTORIA.

SE ESTADES INTERESAD@S NO PROCESO DE ELABORACIÓN DO CONTO E NO TEXTO QUE FORMA PARTE DA HISTORIA (AÍNDA QUE, COMO FIXEN EU, PODEDES PERSONALIZALO) VISITADE O SEGUINTE ENLACE DO BLOGUE "AVENTURA DIMINUTA" http://www.aventuradiminuta.blogspot.com.es/2012/09/las-aventuras-del-oso-marronoso-cuento.html

4 comentarios:

  1. No me extraña nada que les haya gustado el cuento, Silvia. Es genial y eso de ser ellos los protagonistas ... Una fantástica idea para empezar e curso. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Siiii...a verdade é que esta historia captou toda a súa atención grazas aos poderes máxicos deste osiño. Encantoulles!. Un biquiño, Ana.

    ResponderEliminar
  3. Muy gracioso y muy bonito para trabajar los colores.
    Gracias

    ResponderEliminar
  4. Los peques estaban entusiasmados y a mí me sirvió, además, para saber cuales eran sus conocimientos a cerca de los colores. Un abrazo, Blanca.

    ResponderEliminar