DESPOIS DE TANTO ESPERAR....POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA! CANTO NOS TARDABA QUE CHEGARA O XOVES PARA IR DE EXCURSIÓN!
COMO XA VOS COMENTEI EN ENTRADAS ANTERIORES, A VISITA REALIZOUSE Á CASA DO PATRÓN, EN LALÍN. ALÍ, PUIDEMOS VER UNHA MOREA DE UTENSILIOS ANTIGOS ;TELÉFONOS, CÁMARAS DE FOTOS, CANDÍS, PRANCHAS...TAMÉN VIMOS UNHA ESCOLA ANTIGA...QUE DIFERENTE É A NOSA! E UNHA COLECCIÓN DE BONECAS COAS QUE XOGABAMOS HAI UNS CANTOS ANOS....QUE LEMBRANZAS!
DESPOIS, DIRIXÍMONOS A REALIZAR A ACTIVIDADE QUE ESTABAMOS A ESPERAR DENDE XA HABÍA UNS DÍAS...A ELABORACIÓN DO PAN! QUE BEN O PASAMOS!
A CONTINUACIÓN, UN SEÑOR MOI AGRADABLE, ENSINOUNOS COMO ERAN AS CASAS ANTIGAS; AS COCIÑAS (COMO NOS GUSTOU O BANCO ESCANO!), OS CUARTOS...TAMÉN NOS ENSINOU COMO ERAN AS ANTIGAS TABERNAS E EXPLICOUNOS TODO O QUE SE PODÍA FACER ALÍ; COMPRAR ALIMENTOS, XOGAR AO DOMINÓ, XUNTARSE COA XENTE DOS ARREDORES. FINALMENTE, ENSINOUNOS OS UTENSILIOS QUE EMPREGABA O ZAPATEIRO PARA FACER O CALZADO E TAMÉN OS TEARES ONDE SE COSÍAN COLCHAS, ALFOMBRAS, ROUPAS. VAMOS, QUE A VISITA FOI COMPLETIÑA!

REMATADA A VISITA, VOLTAMOS AO COLE! ALGÚNS NON PUIDERON EVITAR DURMIR UN CHISQUIÑO...CON TODO ISTO, NON NOS ESQUECIMOS DE LEVAR PARA CASA O NOSO BOLIÑO DE PAN E O AGASALLO PARA PAPÁ!
FELIZ FIN DE SEMANA!
Vese que foi unha excursión moi divertida e instructiva, Silvia. Seguro que os papás estarán encantados co seu agasallo. Unha aperta.
ResponderEliminar