A piques de darlle a benvida aos nosos nen@s, quero lembrarlles ás familias o horario do noso centro. Ao ser de xornada partida, temos un horario para os meses de setembro e xuño e outro para os meses restantes. Isto, sumado a que os nen@s de 4º de E.I. teñen un horario diferente durante o periodo de adaptación, fai que as familias teñan certa confusión respecto aos horarios.
Por esta razón, deixo o horario nesta entrada para que o consultedes todas as veces que sexa necesario.
Aproveito a entrada para lembrarvos que os nen@s teñen psicomotricidade LUNS e MARTES, polo tanto, eses días deberán traer chándal e zapatillas deportivas.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario