UNHA DAS TÉCNICAS QUE ESTIVEMOS EMPREGANDO ESTES DÍAS PARA CREAR MANUALIDADES DE OUTONO FOI A ESTAMPACIÓN CON SELLOS.
ESTA TÉCNICA ADEMÁIS DE SER MOI MOTIVADORA PORQUE LLES ENCANTA USALOS, SERVE PARA TRABALLAR ASPECTOS FUNDAMENTAIS DA MOTRICIDADE FINA; A PINZA, O TONO E A PRENSIÓN.
PERO ANTES DE EMPREGAR OS SELLOS TIVEMOS QUE FACER OUTROS EXERCICIOS PARA REALIZAR ESTA TAREFA; PINTAMOS A CARTULINA DUNHA DAS CORES TÍPICAS DO OUTONO COMO É O LARANXA EMPREGANDO UN RODILLO, REALIZAMOS UNHA SERIE CON DÚAS CORES PARA DECORAR A CUNCHA EN FORMA DE ESPIRAL, REALIZAMOS LINEAS VERTICAIS CON ROTULADORES PARA O CORPO DO CARACOL E EMPREGAMOS CERAS BRANDAS PARA COLOREARLLE A CARA. AH! E TAMÉN LLE PUXEMOS UNS GRANDES OLLOS MÓBILES.
QUEREDES VER COMO NOS QUEDARON?...
A IDEA DE REALIZAR ESTA ACTIVIDADE FOI SACADA DO BLOGUE "LA CLASE DE MIREN" AÍNDA QUE NÓS FIXEMOS A NOSA PROPOIA VERSIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario