AO LONGO DESTE CURSO ACADÉMICO, OS CURSOS DE 4º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL ÍMOS LEVAR A CABO UN PROGRAMA INCLUÍDO NO "PLAN PROXECTA" CHAMADO "PROTEXE AOS ANIMAIS".
TRÁTASE DUN PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE TEN COMO FINALIDADE O FOMENTO DA CONCIENCIACIÓN DO ALUMNADO NA PROTECCIÓN E NO RESPETO POLOS ANIMAIS DOMÉSTICOS CO FIN DE GARANTIR A TENZA RESPONSABLE DOS ANIMAIS.
ENTRE OS OBXECTIVOS QUE ÍMOS ABORDAR ENUMERAMOS OS SEGUINTES:
- COMPRENDER O CONCEPTO DE ANIMAL DOMÉSTICO OU DE COMPAÑÍA.
- DIFERENCIAR ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.
- COÑECER AS CARACTERÍSTICAS DUN ANIMAL DOMÉSTICO.
- IDENTIFICAR AS NECESIDADES BÁSICAS DUN ANIMAL DE COMPAÑÍA FACENDO FINCAPÉ NAS NECESIDADES AFECTIVAS.
- COMPRENDER O SIGNIFICADO DUN ABANDONO E AS CONSECUENCIAS QUE SUPÓN.
- DESCUBRIR O PROCEDEMENTO DE ADOPCIÓN DE ANIMAIS.
O PROGRAMA DESENVOLVERASE EN DÚAS ETAPAS; UNHA DE INICIACIÓN E OUTRA DE CREACIÓN TAL E COMO SE RECOLLE NO SEGUINTE ENLACE http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16740.
UNHA DAS ACTIVIDADES INICIAS QUE LEVAMOS A CABO FOI A CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS EN DOMÉSTICOS E SALVAXES PARA COÑECER AS IDEAS PREVIAS DOS NEN@S RESPECTO AOS ANIMAIS. E ASÍ DE BEN O FIXERON...
No hay comentarios:
Publicar un comentario