jueves, 30 de octubre de 2014

MOITO MAXÍN HAI NO SAMAÍN!

COMO XA VOS COMENTEI, ESTES DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR NA AULA CONTIDOS RELACIONADOS CO SAMAÍN A PARTIR DE DIVERSAS ACTIVIDADES; XOGOS TIC, APPs PARA A TABLET, LECTURA DE CONTOS DE MEDO, DECORACIÓN DE CARETAS DE CABAZA...


OS NEN@S ESTABAN ENTUSIASMADOS COA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DISFRUTARON MOITO REALIZANDO ESTAS ACTIVIDADES. PERO COMO DIGO EU, UNHA IMAXE SEMPRE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS...

SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow

FELIZ SAMAÍN PARA TOD@S!!




martes, 28 de octubre de 2014

XOGOS TIC PARA CELEBRAR O SAMAÍN


XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!! BRUXAS, MONSTROS, CABAZAS, MORCEGOS, VAMPIROS, PANTASMAS....A NOSA AULA CHEIRA A MEDO, A MOITO MEDO!!

PERO O MELLOR DE TODO É QUE É DIVERTIDO...MOI DIVERTIDO!! DECORAMOS CABAZAS, AMBIENTAMOS A AULA, CONTAMOS HISTORIAS DE BRUXAS, DE PANTASMAS, DE CABAZAS E, ADEMÁIS, PODEMOS PASALO XENIAL CON TODOS ESTES XOGOS...



QUE BEN O PASAMOS NO SAMAÍN!!

jueves, 23 de octubre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!

ESTE MES ESTIVO DE ANIVERSARIO ALEJANDRA! MOITOS PARABÉNS!


AQUÍ DEIXO A TÚA CANCIÓN DE CUMPREANOS PERSONALIZADA...






sábado, 18 de octubre de 2014

UNHA APP TERRORÍFICA

PASENIÑO, ACHÉGASE O SAMAÍN!  E QUE MELLOR FORMA DE PERDER TODOS OS NOSOS MEDOS QUE CUNHA DIVERTIDA E TERRORÍFICA APP. 

QUEREDES VER EN QUE CONSISTE?...

video

COMO VEDES, TRÁTASE DE IR UNINDO OS PUNTOS SEGUINDO A SECUENCIA NUMÉRICA PARA DESCUBRIR UN ELEMENTO RELACIONADO CO SAMAÍN.

DÉIXOVOS UNHAS IMAXES PARA SABER MÁIS DESTA APP...















PARA @S INTERESAD@S EN DESCARGALA, DIREIVOS QUE A APP CHÁMASE "HALLOWEEN DOT TO DOT FOR KIDS" E APARECE CON ESTA ICONA...


QUE TEÑADES UN DIVERTIDO E....TERRORÍFICO SAMAÍN!!

lunes, 13 de octubre de 2014

DOMINÓ DE TEXTURAS

EN MOITAS OCASIÓNS, CANDO OS NENOS XOGAN AUTÓNOMAMENTE NOS DIFERENTES RECANTOS, PODEMOS OBSERVAR QUE FAN DIFERENTES USOS DOS MATERIAIS QUE ALÍ PODEN ATOPAR. MOITAS VECES, ISTO DÉBESE AO DESCOÑECEMENTO QUE OS PEQUENOS TEÑEN DAS REGRAS DOS DIFERENTES XOGOS. TAL É O CASO DUN DOMINÓ DE TEXTURAS QUE TEMOS NO RECANTO DA LÓXICA-MATEMÁTICA. AO DESCOÑECER AS REGRAS, BÁSICAMENTE XOGAN A AMOREAR AS PEZAS.

CO OBXECTIVO DE QUE OS PEQUES COÑECESEN AS REGRAS DESTE XOGO, LILA (A NOSA MASCOTA) DEIXOUNO UNHA MAÑÁ NO RECANTO DA ASAMBLEA PARA XOGAR ENTRE TOD@S. 

QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS?...





SILVIA CASTELO BOUZA de SlidelyGallery by Slidely Photo Gallery

DESTE XEITO, CONSEGUIMOS QUE, POR IMITACIÓN, OS NEN@S FAGAN DESTE XOGO O USO QUE PRETENDEMOS DUNHA FORMA AUTÓNOMA.

jueves, 2 de octubre de 2014

RECORDATORIO ÁS FAMILIAS

LEMBRADE QUE ESTE MES DE OUTUBRO COMEZAMOS A TER DÚAS SESIÓNS SEMANAIS DE PSICOMOTRICIDADE; OS MÉRCORES E OS VENRES.



LEMBRADE TAMÉN QUE HAI QUE TRAER CHÁNDAL E ZAPATILLAS DE DEPORTE!