SEGURIDADE VIAL

A FUNDACIÓN MAPFRE PON A DISPOSICIÓN DO PROFESORADO UNHA MOREA DE MATERIAS E RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR COS MÁIS PEQUENOS A SEGURIDADE VIAL. 



PARA A ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA DISPOÑEN DUNHA WEB QUE CONTÉN XOGOS, UN RECANTO DE LECTURA, ACTIVIDADES E UNHA VIDEOTECA.

POLA SÚA PARTE, PARA A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL, OFRECEN UNHA WEB ONDE OS MÁIS PEQUENOS PODEN DISFRUTAR CON VIDEOS QUE FOMENTAN A SEGURIDADE VIAL, A TRAVÉS DE DIVERTIDAS PERSONAXES COMO SON OS LUNNIS. ADEMÁIS, PODEN XOGAR A COLOREAR SINAIS RELACIONÁNDOAS COAS FORMAS XEOMÉTRICAS CORRESPONDENTES.

A FUNDACIÓN MAPFRE CREOU TAMÉN UNHA SERIE DE LIBROS PARA TRATAR TANTO A SEGURIDADE VIAL COMO A EDUCACIÓN EN VALORES. ESTES LIBROS FORON ESCRITOS POR ALFREDO GÓMEZ CERDÁ E ILUSTRADOS POR EMILIO URBERUAGA, JUAN RAMÓN ALONSO E TERESA NOVOA, E PÓDENSE DESCARGAR EN PDF DENDE OS ENLACES QUE VOS DEIXO A CONTINUACIÓN.

POR ÚLTIMO, QUERO FACER REFERENCIA A UNHA SERIE DE GUÍAS DIDÁCTICAS, ELABORADAS POR ESTA FUNDACIÓN, DIRIXIDAS Á ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL E AO PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RESPECTIVAMENTE.





DÉIXOVOS TAMÉN OS ENLACES DAS GUÍAS DIDÁCTICAS POR SE QUEREDES BOTARLLES UNHA OLLADA.






No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada