miércoles, 26 de noviembre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!

ESTE MES TIVEMOS UNHA MOREA DE ANIVERSARIOS. MOIROS PARABÉNS PARA AMARA, ANTÍA, NICOLÁS, ANDREA, KIMBERLY E YAIZA!!!!










sábado, 8 de noviembre de 2014

UN TALLER DE COCIÑA...QUE DIVERTIDO!

O PASADO VENRES, GRAZAS A UNHA ALUMNAS DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DO CAMPUS DE OURENSE, REALIZAMOS NA NOSA AULA UN TALLER DE COCIÑA. EN CONCRETO, ELABORAMOS UNS ESPETOS DE FROITA RIQUÍSIMOS!

APROVEITANDO QUE ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO CORPO HUMANO E OS CINCO SENTIDOS, ESTA ACTIVIDADE VIUNOS DE LUXO PARA EXPERIMENTAR OS DIFERENTES SABORES QUE PODEMOS PERCIBIR A TRAVÉS DO SENTIDO DO GUSTO.



ADEMÁIS, GRAZAS A QUE ERAN AS RAPAZAS AS QUE DIRIXÍAN A ACTIVIDADE, PUIDEN INMORTALIZAR TODOS OS MOMENTOS DA SESIÓN CON FOTOS E VÍDEOS. UNHA MÁGOA QUE NON PODA FACELO SEMPRE!

PRIMEIRO, ESTAS ALUMNAS DE MAXISTERIO PRESENTÁRONLLES AOS NEN@S UNHA PRESENTACIÓN DE POWER POINT PARA SABER QUE INGREDIENTES, NESTE CASO FROITAS, SE ÍAN EMPREGAR PARA ELABORAR A RECEITA.

A CONTINUACIÓN, TIÑAMOS QUE PREPARAR E CORTAR A FROITA E, PARA ISO, XA SABEMOS QUE PRIMEIRO TEMOS QUE LAVAR AS MANS DESENVOLVENDO, ASÍ,  HÁBITOS DE HIXIENE.

UNHA VEZ QUE AS TIÑAMOS TOD@S BEN LAVADIÑAS, PUXÉMONOS MANS Á OBRA. QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS?

video

LOGO DE TER A FROITA CORTADA E PREPARADA, TIVEMOS QUE DARLLE FORMA CON DIFERENTES MOLDES, QUE DIVERTIDO!

video

O TERCEIRO PASO NA ELABORACIÓN DA RECEITA, CONSISTÍA EN PREPARAR OS ESPETOS. UNHA FORMA PERFECTA Á VEZ QUE DIVERTIDA PARA TRABALLAR A COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL. MIRADE, MIRADE...

video

ELABORADOS OS ESPETOS, SÓ QUEDABA POR LEVAR A CABO O ÚLTIMO PASO DA RECEITA. QUE CAL É? POIS CAL VAI SER! EXPERIMENTAR OS DIFERENTES SABORES!! QUE RICOS!!

ASÍ DE BEN O PASAMOS NA REALIZACIÓN DO TALLER...




SILVIA CASTELO BOUZA de Slidely by Slidely Slideshow

PARA POR REMATE A ESTA ENTRADA, QUERO AGRADECERLLE A ESTAS FUTURAS MESTRAS A SÚA DEDICACIÓN NESTA ACTIVIDADE E, SOBRE TODO, DICIRLLES QUE AS PORTAS DA NOSA AULA ESTÁN ABERTAS PARA CANDO QUEIRAN VOLTAR.