viernes, 27 de enero de 2017

COÑECEMOS A "SALTARÍN"!

ESTE XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, A MASCOTA DE BRUNO.
TRÁTASE DUN PORQUIÑO  CHAMADO "SALTARÍN" DO CAL SOUBEMOS MOITAS COUSAS MÁIS GRAZAS A TODA A INFORMACIÓN QUE NOS APORTOU A MAMÁ DESTE ALUMNO.




ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN E DESCUBRIMOS QUE...




O PROTAGONISTA É UN PORQUIÑO...


O SEU NOME É "SALTARÍN"...


OS SEUS OLLOS SON DE COR MARRÓN, A SÚA PELAXE É DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE QUE MAMA DA SÚA NAI XA QUE, IGUAL QUE PERICO, AÍNDA TEN POUQUIÑOS DÍAS.


SALTARÍN MIDE 30 CM E PESA 2KG, EXACTAMENTE O MESMO QUE PERICO, O CABRITIÑO DE NEREA.


A SALTARÍN GÚSTALLE XOGAR NA PALLA E "PELEXAR" COS SEUS IRMÁNS.


SALTARÍN TEN UNHA GRAN FAMILIA DE NOVE COMPOÑENTES; A SÚA NAI E OS SEUS OITO IRMÁNS.


O QUE MÁIS LLE GUSTA A SALTARIN, COMO VEMOS NA FOTO, É A COMPAÑIA DE BRUNO QUE  O COIDA ESTUPENDAMENTE.

AO IGUAL QUE EN TODAS AS VISITAS QUE LEVAMOS ATA O DE AGORA, O MOMENTO MÁIS ESPERADO FOI O DE VER FÍSICAMENTE AO PORQUIÑO E PODER TOCARLLE UN POUCO...



TAMÉN BRUNO LEVARÁ O DOSSIER DA SÚA MASCOTA PARA PODER VELO CANDO QUEIRA E LEMBRAR O DÍA QUE PRESENTOU Á "SALTARÍN".




ENCANTOUNOS COÑECERTE, SALTARÍN!


AGRADECÉMOSLLE MOITO Á MAMÁ DE BRUNO O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A ESTE PORQUIÑO, XA QUE NON SEMPRE É DOADO DESPRAZAR AOS ANIMAIS, E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO INOLVIDABLE.

jueves, 26 de enero de 2017

PRACTICAMOS O TRAZO DO NÚMERO "2" NA MESA DE LUZ

A PARTIR DESTE SEGUNDO TRIMESTRE, UN DOS RECURSOS EDUCATIVOS QUE VOU EMPREGAR CON BASTANTE FRECUENCIA NA MIÑA AULA POLA MOTIVACIÓN QUE ESPERTA NOS NENOS/AS  É A FAMOSA MESA DE LUZ.

TRÁTASE DUN RECURSO QUE OFRECE UNHA MOREA DE POSIBILIDADES E A PARTIR DA CAL SE PODE TRABALLAR CALQUERA CONTIDO DUNHA FORMA LÚDICA  E MOTIVADORA. NESTA OCASIÓN, EMPRÉGAMOLA PARA PRACTICAR O TRAZO DO NÚMERO "2". NON PERDADES DETALLE...





















COMO VEDES, DÁSENOS XENIAL TRABALLAR NA MESA DE LUZ!

martes, 24 de enero de 2017

COÑECEMOS A COCÓ

ESTE LUNS, NA SESIÓN QUE ADICAMOS Á PRESENTACIÓN DAS MASCOTAS - RELACIONADA CO PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS"- TIVEMOS O PRACER DE COÑECER Á MASCOTA DE ÁLVARO, UNHA PITIÑA CHAMADA COCÓ.

A SÚA MAMÁ, CANDELA, CONTOUNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE A VIDA DAS GALIÑAS, ATA TROUXO TRIGO PARA DARLLE DE COMER E OVOS DOS QUE PON ESTA PITA PARA ENSINARNOS COMO SON POR DENTRO...




ENTRE TANTA INFORMACIÓN DESCUBRIMOS QUE...



A PROTAGONISTA TRÁTASE DUNHA PITA...


O SEU NOME É COCÓ...


TEN OS OLLOS NEGROS, A SÚA PLUMAXE É  DE COR MARRÓN E ENCÁNTALLE COMER MILLO (IGUAL QUE AO POLO PEPE!)


MIDE 40 CM E PESA 1,5 KG (SÓ 1/2 KILO MENOS QUE PERICO!)


A COCÓ GÚSTALLE ESTAR NA COMPAÑÍA DE ÁLVARO E ALEJANDRO QUE LLE DAN DE COMER E TAMÉN LLE GUSTA BUSCAR VERMES POLA TERRA.


A FAMILIA DE COCÓ SON OUTRAS PITAS QUE CONVIVEN CON ELA. POLA COR DA PLUMAXE SABEMOS QUE SON PITAS DOUTRA RAZA.


POLO QUE PODEMOS VAR NA FOTO, UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA COCÓ E CANDO OS NENOS DA CASA, ÁLVARO E ALEJANDRO, SE ACHEGAN A DARLLE A SÚA COMIDA FAVORITA.


DESPOIS DE ESCOITAR CON ATENCIÓN TODO O QUE CANDELA NOS CONTOU DE COCÓ, POR FIN CHEGOU O MOMENTO DE COÑECELA!...




PORTOUSE XENIAL!

AO IGUAL QUE NEREA, ÁLVARO TAMÉN LEVARÁ O DOSSIER DA SÚA MASCOTA PARA QUE LLE QUEDE UNHA FERMOSA LEMBRANZA DESTE DÍA...


FOI UN PRACER COÑECERTE COCÓ!!


POR SUPOSTO, AGRADECERLLE A CANDELA O SEU ESFORZO POR FACERNOS ESTA VISITA EN COMPAÑÍA DE COCÓ, QUE NOS FIXO PASAR UN RATIÑO MOI AGRADABLE.

lunes, 23 de enero de 2017

ACHÉGASE A NEVE A BARALLA...

ESTA TARDE HOUBO UNHA GRAN VENTISCA DE NEVE NA NOSA AULA!! NON O CREDES?... MIRADE, MIRADE...



PARA FACER ESTA ACTIVIDADE, EMPREGAMOS UNHAS BOLSIÑAS DE PLÁSTICO HERMÉTICAS NAS QUE DEBUXEI UNS BONECOS DE NEVE E UNHAS ÁRBORES TÍPICAS DA ESTACIÓN DO INVERNO. NO INTERIOR DAS BOLSAS, METÍMOS BOLIÑAS DE POREXPAN E INTRODUCIMOS UNHA PALLIÑA DENTRO DA BOLSA POLA CAL TIÑAMOS QUE SOPRAR PARA FACER QUE A NEVE TIVESE MOVEMENTO.

AS ACTIVIDADES DE SOPRO, ADEMÁIS DE SER DIVERTIDAS PARA OS NEN@S TEÑEN UNHA MISIÓN IMPORTANTE COMO A DE ESTIMULAR A TONICIDADE E A MOBILIDADE DOS ÓRGANOS FONOARTICULATORIOS QUE INTERVEÑEN NA PRODUCCIÓN DOS FONEMAS E QUE, POLO TANTO, VAN SER FUNDAMENTAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL.




miércoles, 18 de enero de 2017

POESÍAS DE CORES II

AS NOSAS MASCOTAS "PELIÑOS" E "PELONCHO" ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE APRENDIMOS MOI BEN A POESÍAS DA COR AMARELA E  VERMELLA DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE.

TAN BEN AS APRENDIMOS QUE DECIDIRON TRAERNOS OUTRAS DÚAS!! A DA COR VERDE E A DA COR AZUL...




COMO NOS GUSTA TANTO RECITALAS, SEGURO QUE AS APRENDEMOS NUN "PERIQUETE"!

martes, 17 de enero de 2017

COÑECEMOS A "PERICO"

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, UNHA DAS ACTIVIDADES QUE ÍMOS LEVAR A CABO RELACIONADA CO PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS" É A DE PRESENTAR AS NOSAS MASCOTAS.


PARA ISTO, AS FAMILIAS PRIMEIRO DEBEN COMPLETAR UN DOSSIER QUE DESPOIS NOS EXPLICAN NA AULA EN COMPAÑÍA DO ANIMAL DOMÉSTICO ESCOLLIDO.

NESTA OCASIÓN, TOCOULLE O TURNO Á MASCOTA DE NEREA, UN CABRITIÑO CHAMADO "PERICO" DO QUE DESCUBRIMOS UNHA MOREA DE COUSAS...




ENTRE ELAS DESCUBRIMOS QUE...



O NOSO PROTAGONISTA É UN CABRITO...



O SEU NOME É PERICO... CHÁMASE ASÍ PORQUE LLE GUSTA MOITO BRINCAR.



OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE MARRÓN E BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE PORQUE AÍNDA É UNHA CRÍA.




 PERICO MIDE 25 CM DE ALTURA E PESA 2 KG.


PERICO NON TEN XOGUETES PERO GÚSTALLE MOITO CORRER E BRINCAR.


A FAMILIA DE PERICO E A SÚA MAMÁ CABRA E OS SEUS DOUS IRMÁNS.



PERICO NACEU O 8 DE XANEIRO E UNHA COUSA MOI CURIOSA QUE APRENDIMOS E QUE ESTES CABRITIÑOS TEÑEN QUE ANDAR Á "PILLOTA" PORQUE SON TRES IRMÁNS E A MAMÁ SÓ TEN DOUS TETOS.


DESPOIS DE COÑECER TODOS ESTES DATOS DE PERICO, A MAMÁ DE NEREA DEIXOUNOS TOCARLLE UN POUQUIÑO...O QUE ESTABAMOS ESPERANDO TODO@S!! E ASÍ DE BEN O PASAMOS...





REALIZADA A VISITA, NEREA LEVARÁ PARA A SÚA CASA O DOSSIER QUE FIXO DA SÚA MASCOTA PARA QUE LLE QUEDE UN FERMOSO RECORDO DESTE DÍA.



ENCANTOUNOS COÑECERTE PERICO!!


APROVEITO A ENTRADA PARA AGRADECERLLE Á MAMÁ DE NEREA ESTA VISITA QUE NOS FIXO A TOD@S TAN FELICES!!

martes, 10 de enero de 2017

OS REIS MAGOS PASARON POLO NOSO COLE!

QUE SORTE TIVEMOS!! OS REIS MAGOS TIVERON TEMPO DE PASAR POLO NOSO COLE E DEIXÁRONOS UNHA MOREA DE AGASALLOS QUE NOS ENCANTARON!


DEBERON ENTERARSE DE QUE ÍMOS  TRABALLAR  UN PROXECTO SOBRE OS ANIMAIS E TAMÉN QUIXERON PARTICIPAR APORTÁNDONOS LIBROS E PUZLES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES...



























MOITAS GRAZAS MAXESTADES!!