COMEZA UN NOVO TRIMESTRE E CON EL...UN NOVO PROXECTO! ANTES DO NADAL SEMPRE NOS ENVIABA CARTAS UNHA BRUXIÑA PARA ENCARGARNOS ALGUNHA TAREFA PERO HOXE...SORPRESA!! NON FOI A BRUXA A QUE NOS DEIXOU A CARTA, NON...MIRADE, MIRADE.
RESULTA QUE UNHA VAQUIÑA IBA ANDANDO POLO PRADO E, CAMIÑANDO E CAMIÑANDO, PERDEU ÁS SÚAS COMPAÑEIRAS E CHEGOU ATA O NOSO COLE.
NA CARTA QUE NOS ENVIOU PEDIUNOS QUE LLE AXUDARAMOS A VOLTAR Á SÚA CASA, XA QUE ELA NON SABÍA DICIR QUEN ERA, NIN ONDE VIVÍA, NIN QUEN ERA O SEU DONO, NIN OS SEUS AMIG@S...
ENCARGOUNOS UNHA TAREFA; ESCRIBIR TODO O QUE SABIAMOS SOBRE ELA E TAMÉN O QUE NON SABIAMOS PORQUE ISO É O QUE TEMOS QUE INVESTIGAR. ASÍ, RECOPILANDO TODA A INFORMACIÓN DURANTE O PROXECTO, SEREMOS CAPACES DE AXUDARLLE Á VACA A VOLTAR AO SEU FOGAR.
E ASÍ O FIXEMOS...
SABEMOS QUE PACE NO PRADO, QUE TEN CORNOS, QUE VIVE NO ESTABLO, QUE DA LEITE...PERO NON ESTAMOS MOI SEGUROS DE CANTAS RAZAS DE VACA EXISTEN, NIN POR QUE REMOE E TAMPOUCO SABEMOS DICIR EXACTAMENTE CANTOS ESTÓMAGOS TEN.
PERO ISO TEN UNHA DOADA SOLUCIÓN: INVESTIGAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario