CANDO O TEMPO O PERMITE, ENCÁNTANOS SAÍR UN RATIÑO AO PATIO A PINTAR LIBREMENTE CON XICES DE CORES. ENTÓN...POR QUÉ NON FACER NÓS MESMOS AS XICES QUE ÍMOS EMPREGAR?
CANDO LLO PROPUXEN AOS PEQUES ENCANTOULLES A IDEA!! PRIMEIRO HABÍA QUE RECOPILAR O MATERIAL QUE IAMOS PRECISAR; XESO, AUGA, TUBOS DE CARTÓN, TÉMPERAS, CULLERES, XORNAIS PARA NON LIXAR O CHAN...
DESPOIS HABÍA QUE PREPARAR A MASA...
INGREDIENTES: 1 TAZA DE XESO , 1 TAZA DE AUGA, 1 CHORRIÑO DA TÉMPERA QUE MÁIS NOS GUSTE.
PREPARACIÓN: BOTAR NUHA CUNCA A TAZA DE XESO E, A CONTINUACIÓN, BOTAR A AUGA E IR REMEXENDO. CANDO ESTEA TODO BEN MESTURADO BOTAR O CHORRIÑO DE TÉMPERA PARA DARLLE COR Á MASA.
ISTO FIXÉMOLO POR PARELLAS PARA NON CANSAR MOITO A MAN... MIRADE, MIRADE...
E ASÍ DE BEN NOS QUEDARON AS MASAS...
A CONTINUACIÓN, INTRODUCIMOS AS DIFERENTES MASAS DE CORES NOS TUBOS DE CARTÓN E DEIXÁMOLOS A SECAR AO CARÓN DA VENTÁ.
ÍMOLOS DEIXAR UNS DÍAS PARA QUE SEQUEN BEN E DESPOIS...A DISFRUTAR!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario