domingo, 16 de febrero de 2014

ORIENTACIÓN ESPACIAL

COMO DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL, DEBEMOS TER MOI PRESENTE QUE O COMPOÑENTE LÚDICO É UN FACTOR FUNDAMENTAL PARA TRABALLAR DIFERENTES ASPECTOS.

NESTE CASO, PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL, LEVAMOS A CABO UN XOGO QUE CONSISTE EN UBICAR GOMETS DENTRO DUNHA CUADRÍCULA.

PARA INTEGRAR A ACTIVIDADE DENTRO DO NOSO PROXECTO, A CUADRÍCULA APARECE NO INTERIOR DA SILUETA DUNHA VACA. 

O XOGO LEVOUSE A CABO POR PARELLAS. CADA UNHA DAS PARELLAS TIÑA UNHA CUADRÍCULA-VACA E DEBÍAN FIXARSE DURANTE 1O SEGUNDOS NUN MODELO QUE XA TIÑA OS GOMETS UBICADOS. A CONTINUACIÓN, SEN TER O MODELO DIANTE, OS NEN@S DEBÍAN SITUAR OS SEUS GOMETS DO MESMO XEITO QUE APARECÍAN NO MODELO ENSINADO.

CADA PARELLA DIALOGABA ENTRE SÍ PARA DECIDIR ONDE COLABAN CADA UN DOS GOMETS...E NON O FIXERON NADA MAL!! 


COMO ERA A PRIMEIRA VEZ QUE O FACIAMOS, EMPREGAMOS GOMETS DUNHA SOA COR. PASENIÑO, O XOGO IRASE DIFICULTANDO CON GOMETS DE DIFERENTES CORES E SENDO ELES MESMOS OS QUE TEÑAN QUE PEDIR OS GOMETS QUE PRECISAN...

--------------------------------------------------------

COMO XA VOS DIXEN, ESTE XOGO VAI IR AUMENTANDO O GRAO DE DIFICULTADE. NESTA OUTRA SESIÓN FIXÉMOLO CON MAIOR NÚMERO DE GOMETS E VARIEDADE DE CORES. AÍNDA QUE NON FOI TAN SINXELO, OS RESULTADOS APROXIMABANSE BASTANTE AO MODELO PRESENTADO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario