ENTRE OS RECURSOS QUE SE FACILITAN DENDE O BLOGUE, MERECEN ESPECIAL MENCIÓN AS APLICACIÓNS PARA A TABLET ADAPTADAS Á ETAPA INFANTIL.
ESTE RECURSO, ADEMÁIS, ESTÁ MOI PRESENTE NA VIDA DIARIA DA AULA. E PREGUNTAREDES...DE QUE FORMA?.
POIS, NESTE CASO, EU EMPREGO OS XOGOS NA TABLET COMO UN ELEMENTO MOTIVADOR PARA O CUMPRIMENTO DE NORMAS, É DICIR, COMO UNHA RECOMPENSA. ADEMÁIS, É EMPREGADO TAMÉN COMO UN ELEMENTO PARA ATENDER Á DIVERSIDADE E COMPENSAR DESIGUALDADES.
OS XOGOS NA TABLET REPRESENTAN UN RECUNCHO MÁIS NA AULA AO QUE ASISTEN OS NEN@S ESTABLECENDO DIFERENTES TURNOS.
A CONTINUACIÓN, AMÓSOVOS ALGUNHAS DAS APLICACIÓNS QUE EMPREGAN OS PEQUES NESTE RECUNCHO...
DENTRO DESTA APLICACIÓN (BABY EXPLORER), UN DOS XOGOS CONSISTE EN INTRODUCIR DIFERENTES BALÓNS DENTRO DO BURATO SUPERANDO DIFERENTES OBSTÁCULOS. PARA ISTO, OS NEN@S TEÑEN QUE MOVER A TABLET A UN LADO E A OUTRO ATA ACADAR O OBXECTIVO DO XOGO.
ESTA OUTRA (PIZZA MASTER CHEF) ENCÁNTALLES! CONSISTE EN OBSERVAR AO CHEF E MEMORIZAR OS ALIMENTOS QUE NOS MANDA BOTARLLE Á PIZZA. NON SÓ HAI QUE MEMORIZAR OS ALIMENTOS SENÓN TAMÉN A CANTIDADE...
TAMÉN LLES GUSTA MOITA A APP PEG PUZZLE, QUE CONSISTE EN RELACIONAR OS DIFERENTES ANIMAIS DE GRANXA COAS SÚAS RESPECTIVAS SILUETAS. ADEMÁIS, ESTA SÉRVENOS PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO NOSO PROXEXTO " A VACA".
ESTA OUTRA (PUZZLE NUMBERS) TAMÉN CONSISTE EN RELACIONAR ELEMENTOS COS SILUETA, NESTE CASO SON NÚMEROS...
COMO PODEMOS OBSERVAR, O EMPREGO DA TABLET, ADEMÁIS DE SER MOI DIVERTIDO E MOTIVADOR, PERMÍTELLE AOS NEN@S TRABALLAR DIFERENTES CONCEPTOS. AQUÍ VEMOS COMO UN DOS NEN@S AXUDA AO SEU COMPAÑEIRO A COLOCAR OS DIFERENTES ALIMENTOS NA PIZZA INDICÁNDOLLE A CANTIDADE QUE TEN QUE POÑER. ISTO DANOS UNHA IDEA DE COMO A TABLET PODE SER UN ELEMENTO PERFECTO PARA FOMENTAR O TRABALLO COOPERATIVO.
FINALMENTE, DIREMOS QUE AS APP PARA A TABLET PERMITEN TRABALLAR CONCEPTOS DUNHA FORMA MÁIS LÚDICA. AQUÍ VEMOS COMO OS NENOS TRABALLAN OS CONCEPTOS NUMÉRICOS SEN NECESIDADE DE PLASMALOS NUNHA FICHA.
ESTAS SON SÓ ALGUNHAS DAS MOITAS APPs QUE EMPREGAMOS NA AULA. PUBLICAREI MÁIS ENTRADAS RELACIONADAS COA TABLET PARA QUE VEXADES MÁIS EXEMPLOS DE APLICACIÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario