NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, UNHA DAS ACTIVIDADES QUE ÍMOS LEVAR A CABO RELACIONADA CO PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS" É A DE PRESENTAR AS NOSAS MASCOTAS.
PARA ISTO, AS FAMILIAS PRIMEIRO DEBEN COMPLETAR UN DOSSIER QUE DESPOIS NOS EXPLICAN NA AULA EN COMPAÑÍA DO ANIMAL DOMÉSTICO ESCOLLIDO.
NESTA OCASIÓN, TOCOULLE O TURNO Á MASCOTA DE NEREA, UN CABRITIÑO CHAMADO "PERICO" DO QUE DESCUBRIMOS UNHA MOREA DE COUSAS...
ENTRE ELAS DESCUBRIMOS QUE...
O NOSO PROTAGONISTA É UN CABRITO...
O SEU NOME É PERICO... CHÁMASE ASÍ PORQUE LLE GUSTA MOITO BRINCAR.
OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE MARRÓN E BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE PORQUE AÍNDA É UNHA CRÍA.
PERICO MIDE 25 CM DE ALTURA E PESA 2 KG.
PERICO NON TEN XOGUETES PERO GÚSTALLE MOITO CORRER E BRINCAR.
A FAMILIA DE PERICO E A SÚA MAMÁ CABRA E OS SEUS DOUS IRMÁNS.
PERICO NACEU O 8 DE XANEIRO E UNHA COUSA MOI CURIOSA QUE APRENDIMOS E QUE ESTES CABRITIÑOS TEÑEN QUE ANDAR Á "PILLOTA" PORQUE SON TRES IRMÁNS E A MAMÁ SÓ TEN DOUS TETOS.
DESPOIS DE COÑECER TODOS ESTES DATOS DE PERICO, A MAMÁ DE NEREA DEIXOUNOS TOCARLLE UN POUQUIÑO...O QUE ESTABAMOS ESPERANDO TODO@S!! E ASÍ DE BEN O PASAMOS...
REALIZADA A VISITA, NEREA LEVARÁ PARA A SÚA CASA O DOSSIER QUE FIXO DA SÚA MASCOTA PARA QUE LLE QUEDE UN FERMOSO RECORDO DESTE DÍA.
ENCANTOUNOS COÑECERTE PERICO!!
APROVEITO A ENTRADA PARA AGRADECERLLE Á MAMÁ DE NEREA ESTA VISITA QUE NOS FIXO A TOD@S TAN FELICES!!
Que chachi Silvia!!!!
ResponderEliminarDa gusto terte como profe dos nosos nen@s por toda a atencion que lles prestas e a maneira de entretenelos e divertilos un cachiño,da gusto velos e sobre todo o ben que o pasaron segun me contou Lucia.
Moi boa idea que tiveches!!
Moitas gracias por amosarnolo.
Gracias Iria! O mérito non é só da profe senón que gran parte é voso por colaborar en todo o que se vos propón. Aproveito para agradecervos a tod@s o voso esforzo por traer físicamente ás mascotas que non sempre é facil. Un saúdiño.
ResponderEliminarHa quedado genial.
ResponderEliminarGracias por compartir.
Moitas gracias silvia por mostarnos o que fan os nosos nenos e sobre todo por ter tanta paciencia e aprenderlles tanto en tan pouco tempo.Alexandra querete muito e sempre esta falando de ti que eres muy buena con eles.muitas gracias de verdad.
ResponderEliminarFormamos tod@s un gran equipo; nen@s, mamis/papis e profe que é como ten que ser para que os nen@s aprendan moitas cousas. Un biquiño moi forte para ti e para Alexandra. A súa profe tamén a quere moito, moito! 😍😍
ResponderEliminarMuitas gracias silvia.outro besiño pa ti das duas😘
Eliminar