ESTE XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, A MASCOTA DE BRUNO.
TRÁTASE DUN PORQUIÑO CHAMADO "SALTARÍN" DO CAL SOUBEMOS MOITAS COUSAS MÁIS GRAZAS A TODA A INFORMACIÓN QUE NOS APORTOU A MAMÁ DESTE ALUMNO.
ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN E DESCUBRIMOS QUE...
O PROTAGONISTA É UN PORQUIÑO...
O SEU NOME É "SALTARÍN"...
OS SEUS OLLOS SON DE COR MARRÓN, A SÚA PELAXE É DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE QUE MAMA DA SÚA NAI XA QUE, IGUAL QUE PERICO, AÍNDA TEN POUQUIÑOS DÍAS.
SALTARÍN MIDE 30 CM E PESA 2KG, EXACTAMENTE O MESMO QUE PERICO, O CABRITIÑO DE NEREA.
A SALTARÍN GÚSTALLE XOGAR NA PALLA E "PELEXAR" COS SEUS IRMÁNS.
SALTARÍN TEN UNHA GRAN FAMILIA DE NOVE COMPOÑENTES; A SÚA NAI E OS SEUS OITO IRMÁNS.
O QUE MÁIS LLE GUSTA A SALTARIN, COMO VEMOS NA FOTO, É A COMPAÑIA DE BRUNO QUE O COIDA ESTUPENDAMENTE.
AO IGUAL QUE EN TODAS AS VISITAS QUE LEVAMOS ATA O DE AGORA, O MOMENTO MÁIS ESPERADO FOI O DE VER FÍSICAMENTE AO PORQUIÑO E PODER TOCARLLE UN POUCO...
TAMÉN BRUNO LEVARÁ O DOSSIER DA SÚA MASCOTA PARA PODER VELO CANDO QUEIRA E LEMBRAR O DÍA QUE PRESENTOU Á "SALTARÍN".
ENCANTOUNOS COÑECERTE, SALTARÍN!
AGRADECÉMOSLLE MOITO Á MAMÁ DE BRUNO O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A ESTE PORQUIÑO, XA QUE NON SEMPRE É DOADO DESPRAZAR AOS ANIMAIS, E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO INOLVIDABLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario