O PASADO MÉRCORES RECIBIMOS A DERRADEIRA VISITA ANIMAL. OHHHHHHHHHH!!!!! QUE MÁGOA! CO QUE NOS GUSTABAN ESTES MOMENTOS!
A ÚLTIMA MASCOTA EN VISITARNOS FOI A CADELIÑA DE ENOL, QUE ADEMÁIS TEN UNHA HISTORIA UN POUCO TRISTE NOS SEUS COMEZOS PERO MOI, MOI FELIZ DENDE QUE FOI ADOPTADA POR ESTA FAMILIA.
OS ENCARGAD@S DE CONTARNOS ESTA HISTORIA E DE APORTARNOS MÁIS DATOS SOBRE A VIDA DESTA CADELA FORON IVÁN E ANGÉLICA, OS PAPÁS DE ENOL...
ANTES DE FALARNOS SOBRE AS SÚAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, O SEU TIPO DE ALIMENTACIÓN OU DOS SEUS XOGUETES PREFERIDOS, ANGÉLICA COMEZOU POR CONTARNOS COMO CHEGOU ESTA CADELIÑA Á SÚA CASA...
ANTES DE SER UN MEMBRO MÁIS DESTA FAMILIA, ESTIVO UN TEMPO NA PROTECTORA DE ANIMAIS PORQUE FOI ATOPADA NA RÚA SOA, TRISTE E ABANDONADA...
ALÍ COÑECEU A MOIT@S AMIG@S QUE TAMÉN ESTABAN NA SÚA SITUACIÓN PERO, COMO BEN NOS DIXERON NA NOSA VISITA Á PROTECTORA, ESE LUGAR NON É UN FOGAR PARA ELES. AÍNDA QUE ALÍ ESTÁN BEN COIDADOS, SEGUEN A ESTAR TRISTES PORQUE NECESITAN UNHA FAMILIA DE VERDADE...
ENTÓN FOI CANDO OS PAPÁS DE ENOL A COÑECERON E DECIDIRON LEVALA PARA A SÚA CASA. ASÍ FOI COMO ESTA CADELIÑA PASOU DUN ESTADO DE TRISTEZA A UN ESTADO DE INMENSA FELICIDADE GRAZAS A TER UNHA NOVA FAMILIA QUE ADEMÁIS TAMÉN ESTABA Á ESPERA DA CHEGADA DE ENOL...
DESPOIS DE CONTARNOS ESTA HISTORIA CON FINAL FELIZ, ANGÉLICA NARROUNOS MOITAS COUSAS MÁIS SOBRE ESTA MASCOTA.
A PROTAGONISTA, COMO XA DIXEMOS, É UNHA CADELIÑA QUE ESTABA NA PROTECTORA DE ANIMAIS DE LUGO E QUE FOI ADOPTADA POR ESTA FAMILIA.
COMO A UN MEMBRO MÁIS DA FAMILIA, DECIDIRON POÑERLLE UN NOME; LUCY, QUE ADEMÁIS SOUBEMOS DELETREALO ESTUPENDAMENTE...
OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR MARRÓN (EXCEPTO AS ORELLAS QUE SON DE COR NEGRA) E A SÚA COMIDA FAVORITA É O PENSO, O XAMÓN, OS ÓSOS E AS GALLETAS (AÍNDA QUE ESTES ÚLTIMOS TEN QUE COMELOS CON MOITA MODERACIÓN)...
LUCY MIDE 28 CM E PESA 6KG...
OS XOGOS QUE MÁIS LLE GUSTAN A LUCY SON CORRER POLA NEVE, BUSCAR TOUPIÑAS E, SOBRE TODO, XOGAR CON ENOL E CON VIOLETA...
OS XOGOS QUE MÁIS LLE GUSTAN A LUCY SON CORRER POLA NEVE, BUSCAR TOUPIÑAS E, SOBRE TODO, XOGAR CON ENOL E CON VIOLETA...
A FAMILIA DE LUCY É MOI NUMEROSA PORQUE ADEMÁIS DE ESTAR FORMADA POR IVÁN, ANGÉLICA, ENOL E VIOLETA TEN A COMPAÑÍA DOUTROS CANS E GATOS TAMÉN ADOPTADOS DA PROTECTORA...
UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA LUCY É CANDO COMPARTE ZONA DE DESCANSO CON ENOL E CON VIOLETA...
OUTROS MOMENTOS SIGNIFICATIVOS PARA LUCY...
CANDO COMPARTE XOGOS CON ENOL...
CANDO VAN DE VIAXE...
OU CANDO SE DISFRAZAN XUNTOS...
UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA LUCY É CANDO COMPARTE ZONA DE DESCANSO CON ENOL E CON VIOLETA...
OUTROS MOMENTOS SIGNIFICATIVOS PARA LUCY...
CANDO COMPARTE XOGOS CON ENOL...
CANDO VAN DE VIAXE...
OU CANDO SE DISFRAZAN XUNTOS...
DESPOIS DE ESCOITAR CON ATENCIÓN TODA ESTA INFORMACIÓN, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TOCARLLE E DE DARLLE DE COMER. QUE BEN O PASAMOS!
COMO UN RECORDO DA VISITA, ENOL LEVA O DOSSIER DE LUCY PARA QUE PODA VELO NA SÚA CASA CADA VEZ QUE O DESEXE...
ENCANTOUNOS COÑECERTE LUCY!
COMO SEMPRE, AGRADECÉMOSLLE MOITO A IVÁN E ANGÉLICA O SEU ESFORZO POR TRAERNOS FÍSICAMENTE Á MASCOTA DE ENOL E POR APORTARNOS A SÚA EXPERIENCIA COMO ADOPTANTES DE ANIMAIS.
E PARA SEGUIR FOMENTANDO OS APADRIÑAMENTOS, AS ACOLLIDAS E AS ADOPCIÓNS ELABORAMOS UN CARTEL PARA A ENTRADA DO COLE CUNHA FRASE QUE RESUME Á PERFECCIÓN O OBXECTIVO QUE QUEREMOS ACADAR CON ESTE PROXECTO ; "NON MERQUES UN CAN DE RAZA, ADOPTA UN SEN CASA". AO CARÓN DO CARTEL, PUXEMOS UNHA CAIXA NA QUE SE RECOLLEN DONATIVOS PARA A PROTECTORA DE ANIMAIS COA FINALIDADE DE CONCIENCIAR A TODO O ALUMNADO DO CENTRO E DE DARLLE A OPORTUNIDADE DE COLABORAR NA CAUSA A TODAS AS FAMILIAS QUE ASÍ O DESEXEN.
Xenial, Silvia! Encantoume coñecer a historia de Lucy e o voso cartel. Unha aperta e boa semana.
ResponderEliminarMoitas grazas Ana! Feliz semana para ti tamén!
ResponderEliminar