ESTE DERRADEIRO LUNS DO TRIMESTRE TIVEMOS OUTRA VISITA ANIMAL! TIVEMOS NA AULA A NEVADO, A MASCOTA DA MADRIÑA DE LEO.
ÁNGELES E NATALIA FORON AS ENCARGADAS DE CONTARNOS AS COUSIÑAS MÁIS INTERESANTES DESTE BICHÓN MALTÉS.
ENTRE ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...
O PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UN CADELIÑO DA RAZA "BICHÓN MALTÉS"
O SEU NOME É NEVADO. ESCOLLERON ESTE NOME DEBIDO Á COR DA SÚA PELAXE.
OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O PENSO.
NEVADO MIDE 60 CM E PESA 6 KG.
O XOGUETE FAVORITO DE NEVADO, TAL E COMO PODEMOS VER NA FOTOGRAFÍA, É UN GRAN PELUCHE.
A FAMILIA DE NEVADO É A SÚA DONA; NATALIA
OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA NEVADO SON OS RATIÑOS QUE COMPARTE CON LEO E CANDO O LEVAN Á PRAIA DAS CATEDRAIS OU Á NEVE DO CEBREIRO.
ADEMÁIS DESTES DATOS, TAMÉN NATALIA TIVO A AMABILIDADE DE TRAERNOS A CARTILLA MÉDICA DE NEVADO NA QUE O VETERINARIO VAI ANOTANDO AS VACINAS QUE LLE POÑEN. ISO SOÁBALLE MOITO AOS NEN@S PORQUE TAMÉN ELES TEÑEN UNHA MOI PARECIDA.
UNHA VEZ QUE ESCOITAMOS CON ATENCIÓN TODAS ESTAS COUSAS SOBRE NEVADO, CHEGOU O MOMENTO DE VER COMO ESTE CADELIÑO SE DIVIRTE SALTANDO POR DENTRO DUN ARO, XOGANDO Á PELOTA...OBEDECENDO ÁS ORDES QUE LLE DÁ NATALIA, ADEMÁIS DE TER A OPORTUNIDADE DE TOCAR ESA PELAXE TAN SUAVE. MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
TAMÉN A LEO LLE PREPARAMOS O DOSSIER QUE COMPLETOU COA SÚA FAMILIA PARA QUE PODA VELO CANDO QUEIRA.
ENCANTOUNOS COÑECERTE NEVADO!
POR SUPOSTO, AGRADECERLLE A ÁNGELES E NATALIA QUE NOS ADICARAN ESTE ANAQUIÑO DE TEMPO NO QUE O PASAMOS XENIAL!
Hai que ver canto aprendíchedes coa visita!!!! Unha aperta e moi boas vacacións.
ResponderEliminarXa somos unh@s verdadeir@s expertos en mascotas! Felices vacacións para ti tamén Ana! Un biquiño.
Eliminar