COMO XA SABEDES, HAI UNS DÍAS RECIBIMOS A VISITA DOS PAPÁS DE ENOL, QUE VIÑERON A FALARNOS DA SÚA PROFESIÓN (VETERINARIOS) E A ENSINARNOS OS DIFERENTES INSTRUMENTOS QUE EMPREGAN PARA CURAR AOS ANIMAIS.
POIS BEN, NESTA OCASIÓN, RECIBIMOS A VISITA DE CANDELA (MAMÁ DE ÁLVARO) QUE SE ADICA TAMÉN AO SECTOR DA SANIDADE PERO, NESTE CASO, DA SAÚDE E COIDADO DAS PERSOAS XA QUE ELA É ENFERMEIRA.
DESTE XEITO, PUIDEMOS COMPARAR E OBSERVAR SEMELLANZAS E DIFERENZAS ENTRE OS INSTRUMENTOS QUE SE EMPREGAN PARA CURAR ANIMAIS E OS QUE SE EMPREGAN PARA O COIDADO DAS PERSOAS.
NON PERDIMOS DETALLE DE TODO O QUE NOS CONTOU...
TAL E COMO FIXEMOS COS ANIMAIS DE PELUCHE, NESTA OCASIÓN TAMÉN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONVERTIRNOS EN ENFERMEIR@S PARA CURAR OS BEBÉS QUE TEMOS NO RECANTO DO XOGO SIMBÓLICO.
OLLADE QUE PROFESIONAIS...
COMA SEMPRE, AGRADECER A CANDELA QUE NOS DERA A VISITA E NOS APORTARA TANTA INFORMACIÓN SOBRE A SÚA PROFESIÓN.
MOITAS GRAZAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario