ESTE PASADO XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL! OS PAPÁS DE ENOL, AMBOS OS DOUS VETERINARIOS, VIÑERON A DARNOS UNHA CHARLA SOBRE A SÚA PROFESIÓN ACOMPAÑADOS POLA MASCOTA DE ENOL; LUCY.
PASAMOS UN RATIÑO MOI ENTRETIDO OBSERVANDO OS DIFERENTES INSTRUMENTOS QUE SE EMPREGAN PARA CURAR AOS ANIMAIS E, DÉMONOS CONTA, DE QUE MOITOS DELES SON SEMELLANTES AOS QUE EMPREGAN OS MÉDICOS E/OU PEDIATRAS. ISO SÍ, DEPENDENDO DO TAMAÑO DO ANIMAL, UNHOS SON MÁIS GRANDES QUE OUTROS.
ENTRE TODAS AS COUSAS QUE NOS ENSINARON PUIDEMOS VER A CARTILLA DE VACINAS DE LUCY, DIFERENTES TAMAÑOS DE TESOIRAS, DE BOCEIRAS, DE XERINGAS, DE FONENDOSCOPIOS, DE GUANTES... TAMÉN OUTROS INSTRUMENTOS COMO O TERMÓMETRO, DIFERENTES MEDICAMENTOS E APARELLOS PARA EXAMINAR OS OLLOS E OS OÍDOS DAS NOSAS MASCOTAS.
OLLADE QUE ATENT@S ESTABAMOS...
DESPOIS DA CLASE TEÓRICA, CHEGOU A HORA DE POÑER EN PRÁCTICA ESTES COÑECEMENTOS RECÉN ADQUIRIDOS. PARA ISTO, FIXEMOS USO DUN "KIT DE VETERINARI@S" QUE NOS FACILITARON OS PAPÁS DE ENOL. ESTE KIT CONSTABA DUN GORRO, GUANTES, MÁSCARA CIRÚRXICA, XERINGA...INSTRUMENTOS QUE @S NEN@S EMPREGARON PARA CONVERTIRSE EN AUTÉNTICOS VETERINARI@S.
NON PERDADES DETALLE...
PARA FINALIZAR A ENTRADA, QUERO AGRADECERLLE ENORMEMENTE AOS PAPÁS DE ENOL O TEMPO ADICADO A PREPARAR ESTA ACTIVIDADE E POR APORTARNOS TODO ESTE MATERIAL. MOITÍSIMAS GRAZAS!!
Muy divertido, a los niños les va a gustar mucho.
ResponderEliminarFeliz domingo.
Vese que disfrutaron moitísimo. Moi boa semana, Silvia. Unha aperta.
ResponderEliminarQue ben o pasaron os peques non me extraña que chegaran a casa e quixeran curar o can......Gracias Silvia e por suposto os papas de Enol!!
ResponderEliminarInolvidable a actividade desde logo! Pasárono xenial e aprenderon moitas cousas! Un biquiño Sandra.
ResponderEliminarAuténticos profesionais no coidado de animais! Jeje. Un biquiño Ana e moi feliz semana para ti tamén.
ResponderEliminarGracias Blanca! Un besito.
ResponderEliminar