martes, 29 de enero de 2013

UNHA GRAN SORPRESA...

ESTA NOITE, O TRASNO QUE SEMPRE VISITA O NOSO COLE DEIXOUNOS UNHA CAIXA SORPRESA XUNTO CUNHA CARTA...


NA CARTA, O TRASNO EXPLICÁBANOS COMO FACER UN EXPERIMENTO CIENTÍFICO E ENTENDER, DESTE XEITO, COMO SAE A LAVA DUN VOLCÁN. PARA ISTO, O TRASNO DEIXOU NA CAIXA TODOS OS ELEMENTOS QUE PRECISABAMOS PARA LEVAR A CABO O EXPERIMENTO. MIRADE...




COMO O TRASNO NOS DIXO QUE TIÑAMOS QUE MESTURAR TODO, PÚXEMONOS MANS Á OBRA...




E, DE SÚPETO, SAIU A LAVA DO INTERIOR DO VOLCÁN!!



A VERDADE, É QUE O PASAMOS MOI BEN FACENDO ESTE EXPERIMENTO E DAMOSLLE ÁS GRAZAS AO TRASNO POR AXUDARNOS E DARNOS UNHA PISTA NA NOSA INVESTIGACIÓN  SOBRE A DESAPARICIÓN DOS DINOSAURIOS.




2 comentarios:

  1. Que volcán máis bonito fixemos todos xuntos!
    ZAIRA

    ResponderEliminar
  2. Gustounos tanto que ata quixemos repetir a experiencia!!

    ResponderEliminar