martes, 19 de febrero de 2013

CONTINUACIÓN DO LIBRO VIAXEIRO II; A PREHISTORIA

ZAIRA, FOI A ENCARGADA, XUNTO COA SÚA FAMILIA, DE CONTINUAR O COMEZO DO CONTO DA PREHISTORIA. E MIRADE...ESTE CONTO PREHISTÓRICO PROMETE! 



 QUE BONITO TEXTO E QUE FERMOSA ILUSTRACIÓN...














ASÍ O CONTINUO ALICIA, COA AXUDA DA SÚA FAMILIA...














ANXO E MAILA SÚA FAMILIA TAMÉN APORTARON MOITO A ESTE CONTO...



 SHAILA PENSOU QUE CRONIÑÓN TERÍA FAME E NON ESQUCEU ESCRIBILO NUNHA DAS FRASES.















DESPOIS DA CENA, A CRONIÑÓN ENTROLLE O SONO E ISMA IMAXINOU QUE AS PELES DE ANIMAIS O ABRIGARÍAN UN POUCO.

 






 XULIA, COA AXUDA DA SÚA FAMILIA, CONTOUNOS QUE CRONIÑÓN ÍA PESCAR CUN ANZO E CUN ARPÓN.




 ÓSCAR CONTOUNOS QUE CRONIÑÓN SE CONVERTIRA NUN GRAN CAZADOR E, NUNHA DAS SÚAS CAZAS, NON LLE PUIDO IR MELLOR.

 LUIS DÍXONOS QUE CRONIÑÓN, MOI MADRUGADOR , ERGUEUSE PARA AXUDARLLE A MAMÁ SEN NECESIDADE DUN ESPERTADOR.

IZAN CONTOUNOS QUE CO PEIXE E A CARNE, CRONIÑÓN XA NON TIÑA FAME.

PERO ADRIÁN PENSOU QUE SE TIÑA QUE ESCOLLER, CRONIÑÓN A CARNE PREFERÍA ROER.

ÁLVARO SABÍA QUE SE CRONIÑÓN A PEDRA SABÍA TALLAR, A CAZA NON ÍA FALLAR.

AINOA CONTOUNOS QUE CRONIÑÓN, COA COLA DE MAMUT FIXO UN PINCEL, CO QUE PINTARÍA MOI BEN.
 AARÓN PENSOU QUE SE CRONIÑÓN FACÍA UN DESCUBRIMENTO ÍASE POÑER MOI CONTENTO. 

MARCOS CONTOUNOS QUE CON PAOS E FOLLAS, CRONIÑÓN FIXO UNHA BONITA CHOZA.

 BRAIS DÍXONOS QUE CRONIÑÓN CON PEDRAS E LUME TIÑA SUFICIENTE PARA VIVIR E, ASÍ, SER FELIZ.


6 comentarios:

  1. Que interesante vai estar ese conto! O principio xa promete...

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que sí.Os meus nen@s e as súas familias,ademáis de ser moi colaboradores,son moi creativos á hora de realizar as actividades.Iremos publicando a continuacion do conto para que tod@s coñezades o final!.Moitas grazas por participar na nosa blogue Vane!!

    ResponderEliminar
  3. Este conto vai a ser todo unha obra de arte!!!!
    A participación das familias no traballo dos nosos fillos paréceme moi importante. O tempo que adicamos a eles con estes pequenos traballos é moi positivo tanto para eles como para nós.

    ResponderEliminar
  4. Apunta maneiras! vai quedar moi bonito e, sobre todo, moi orixinal. Están desexando levalo á súas casas e rematalo para que pase a formar parte da nosa biblioteca e, así, poder velo sempre que queiramos, ao igual que ocorreu co dos dinosaurios. Encántalles velo!. Para eles é moi significativo que o conto sexa elaborado por eles mesmos e se é coa axuda das súas familias, aínda máis. Gracias por colaborar dobremente na elaboración deste conto Rebeca!.

    ResponderEliminar
  5. encantounos escribir outra paxina do conto,que ben o pasamos os tres.

    ResponderEliminar
  6. Quedou preciosa a túa páxina do conto Adriana!! Ademáis vese que traballaches un montón escribindo todo o texto, debuxando e pintando. Moi bó traballo Adriana e familia!!.

    ResponderEliminar