miércoles, 28 de enero de 2015

CELEBRAMOS A PAZ CON ELMER E OS CÓDIGOS QR

ESTE VENRES, 30 DE XANEIRO, NOS CENTROS EDUCATIVOS CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ. A NIVEL DE AULA, DURANTE ESTA SEMANA, ESTAMOS A ABORDAR ESTA TEMÁTICA DA EDUCACIÓN EN VALORES A TRAVÉS DUN CONTO QUE LLES ENCANTA AOS PEQUES...ELMER! 

PERO...POR QUE CON ESTE CONTO? POIS TEN UNHA SINXELA EXPLICACIÓN. O LUNS TIÑAMOS NO NOSO BUZÓN UNHA CARTA DA NOSA MASCOTA. NA MISIVA, LILA DÍXONOS QUE BUFO (UN AMIGO NOSO SAÍDO DUN CONTO QUE DECIDIU QUEDAR CON NÓS NO COLE) LLE ESTIVO A FALAR DUN ELEFANTE QUE COÑECEU ALÓ POLA SELVA E QUE, ADEMÁIS DE SER DE CORES, ERA MOI DIVERTIDO!

ANTE ESTA HISTORIA, LILA DECIDIU PEDIRNOS UN PEQUENO ENCARGO; INVESTIGAR COUSAS SOBRE ESTE ELEFANTE TAN PECULIAR. DÍXONOS QUE BUFO NOS DEIXARA NA PDI UN VIDEO DO SEU AMIGO, QUE O VIRAMOS E QUE LLE CONTARAMOS O QUE MÁIS NOS GUSTARA DEL. E ASÍ O FIXEMOS...


TAMÉN NOS DIXO QUE SE LLE APORTABAMOS ESA INFORMACIÓN NOS DARÍA UNHA GRATA SORPRESA. QUE SERÁ?!!

DESPOIS DO VISIONADO, TIÑAMOS QUE DECIDIR COMO LLE ÍAMOS APORTAR A LILA ESTA INFORMACIÓN. POR MAIORÍA, DECIDIMOS QUE GRAVARIAMOS UNS VIDEOS (UN POR CADA EQUIPO) EXPLICÁNDOLLE A LILA QUE É O QUE MÁIS NOS GUSTA DE ELMER.

PARA QUE LILA ENTENDESE PERFECTAMENTE OS VIDEOS, OS COMPOÑENTES DE CADA EQUIPO TAMÉN TIVERON QUE DECIDIR QUE ERA O QUE IBAN A CONTAR NO VIDEO E EN QUE ORDE FALARÍAN CADA UN DELES. UNHA VEZ DECIDIDO, PUXÉMONOS MANS Á OBRA...

AO DÍA SEGUINTE, ATOPÁMONOS CUNHA GRAN SORPRESA. A LILA ENCANTÁRONLLE OS NOSOS VIDEOS E, COMO AGRADECEMENTO, DEIXOUNOS NO BUZÓN UNS CÓDIGOS QR PROPOÑÉNDONOS UN XOGO DIVERTIDÍSIMO!

ESTE XOGO CONSISTÍA EN DESCUBRIR, EMPREGANDO A TABLET, QUE VIDEO SE AGOCHABA EN CADA UN DOS CÓDIGOS QR E, COMO TAMÉN NOS DEIXOU UNHAS CARTULINAS DAS CORES DOS NOSOS EQUIPOS, TIÑAMOS QUE RELACIONAR O VIDEO COA CARTULINA CORRESPONDENTE. PERO COMO EU DIGO SEMPRE...UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS. OLLADE, OLLADE!





DESPOIS DE RELACIONALOS, PREGUNTÁMONOS EN QUE LUGAR PODERÍAN TER MÁIS UTILIDADE E, COMO NO RECANTO DE ARTE, ESTAMOS A ELABORAR EN ELMER XIGANTE, DECIDIMOS QUE OS COLOCARIAMOS NO MURAL DA PAZ, AO CARÓN DE ELMER. QUEREDES VELO?







ANTES DE ENSINARVOS COMO NOS QUEDOU O MURAL DA PAZ, DÉIXOVOS AQUÍ OS CÓDIGOS QR E OS VIDEOS ASOCIADOS A ELES.


video

video

video
video

video

E AGORA SÍ! QUEREDES VER COMO NOS QUEDOU O NOSO MURAL DA PAZ INTERACTIVO?...



FELIZ DÍA DA PAZ!

4 comentarios:

  1. ¡MENUDO TRABAJAZO, SILVIA! Me encantaaaaaaaaa! Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Ana!! Lo mejor fue lo bien que se lo pasaron los peques descubriendo que video era el que se escondía en cada uno de los códigos qr! Un abrazo.

      Eliminar
  2. El cuento de Elmer me gusta mucho.
    Yo también lo trabajo.
    Un besico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A los peques también les gusta mucho! Es un cuento precioso, la verdad. Un besito, Blanca.

      Eliminar