martes, 13 de septiembre de 2016

CARTEIS IDENTIFICATIVOS

COMO XA BEN SABEDES, ESTES PRIMEIROS DÍAS DE COLE VAN CHEGANDO DIFERENTES MATERIAIS ÁS NOSAS AULAS COS CALES TRABALLAREMOS AO LONGO DO CURSO. 


NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL É FUNDAMENTAL QUE O DIFERENTE MATERIAL SEXA SELECCIONADO EN DIFERENTES GABETAS QUE LEVEN CARTEIS IDENTIFICATIVOS, QUE PERMITAN AOS NEN@S DISPOR DELES DUNHA FORMA AUTÓNOMA E, Á SÚA VEZ, QUE LLES PERMITA INICIARSE NO PROCESO LECTO-ESCRITOR A PARTIR DE SITUACIÓNS COTIÁS COMO É O REPARTO DE MATERIAIS NA AULA.

PARA ISTO EMPREGAMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS. NESTE CASO, PARA A AULA DE 4º DE E.I., ESTÁN COMPOSTOS POR IMAXE E PALABRA EN LETRA MAIÚSCULA.

DÉIXOVOS POR AQUÍ OS QUE DESEÑEI PARA ESTE CURSO ESCOLAR POR SE SON  DO VOSO INTERESE.









1 comentario:

  1. Encántanme os carteis, Silvia! Moi bo inicio de curso. Unha aperta.

    ResponderEliminar