domingo, 11 de mayo de 2014

A BOLBORETA RITA

A NOSA VACA BLANCA SEMPRE NOS TRAIA CONTOS SOBRE OS ANIMAIS DA GRANXA... QUE TIPO DE CONTOS NOS TRAERÁ AGORA A ABELLA MAIA? A RESPOSTA ESTÁ CLARA VERDADE?. 



CONTOS SOBRE INSECTOS! ASÍ, MENTRES DISFRUTAMOS DA LECTURA TEREMOS A OPORTUNIDADE DE APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE ELES!

ANTES DA LECTURA, OBSERVANDO SÓ A PORTADA, PREGUNTEILLES AOS PEQUES QUE PENSABAN ELES QUE OCORRERÍA NO CONTO. TIVERON UNHA MOREA DE IDEAS; QUE NACÍA UNHA EIRUGA, FACÍA UN CASULO E CONVERTÍASE NA BOLBORETA RITA, QUE ÍA VOANDO COAS SÚAS AMIGAS, QUE CAÍA... 

PARA FAVORECER O PROCESO DE LECTO-ESCRITURA DOS PEQUENOS, ESTA É UNHA ACTIVIDADE IMPORTANTE ANTERIOR Á LECTURA XA QUE AS SÚAS IDEAS PREVIAS VAN A SER UN FACTOR DETERMINANTE DO PROCESO. DE FEITO, ALGUNHAS DAS IDEAS QUE SAÍRON Á LUZ SON AS QUE REALMENTE OCURREN DURANTE O CONTO.

DESPOIS DA LECTURA, QUIXEMOS CONVERTIRNOS NUN DESES INSECTOS. ALGÚNS FIXERON A SÚA BOLBORETA COAS ÁS VERMELLAS, IGUAIS QUE AS DE RITA, E OUTR@S DEIXARON VOAR A SÚA IMAXINACIÓN. OLLADE ISTO...


QUE GUAP@S ESTAMOS TOD@S!

No hay comentarios:

Publicar un comentario