jueves, 8 de mayo de 2014

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO; OS INSECTOS

POR FIN AS ALTAS TEMPERATURAS CHEGARON A SARRIA! POR ISO, DE VEZ EN CANDO, ABRIMOS AS VENTÁS DA AULA PARA PODER RESPIRAR ESE AMBIENTE PRIMAVERAL QUE TANTO NOS GUSTA. PERO CLARO...DE TODOS É SABIDO QUE COAS VENTÁS ABERTAS ENTRAN OS INSECTOS! E ASÍ OCURRIU...


NÓS ESTIVEMOS ENCANTADOS DE RECIBIR ESTA VISITA TAN ESPECIAL...NIN MÁIS NIN MENOS QUE A ABELLA MAIA!! CON ELA TRAIA UNHA CARTA NA QUE NOS PEDÍA AXUDA PARA COÑECER OUTROS INSECTOS PORQUE ELA, NA SÚA COLMEA, SÓ HABITA CON OUTRAS ABELLAS.

POR SUPOSTO, ACEPTAMOS A PROPOSTA PERO DÉMONOS CONTA DE QUE ALGUÉN MÁIS NOS TIÑA QUE AXUDAR A RECOPILAR TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISAMOS PARA AS NOSAS INVESTIGACIÓNS. E A QUEN PODIAMOS PEDIRLLE ESTA AXUDIÑA?. CLARO! Á NOSA FAMILIA!

PUXÉMONOS MANS Á OBRA E ELABORAMOS UNHA NOTA PARA ENVIARLLES...E A AXUDA NON TARDOU NADIÑA EN CHEGAR. ASÍ DA GUSTO! MIRADE, MIRADE...


















PARA LEVALO A CABO, TAMÉN NOS AXUDAREMOS DO PROXECTO DIDÁCTICO "LOS INSECTOS" ELABORADO POR MARIAN E PUBLICADO NO SEU BLOGUE www.aventuradiminuta.blogspot.com.es DO CAL FIXEN UNHA ADAPTACIÓN PARA TRABALLAR COS MEUS PEQUES.



Fichas proxecto insectos from silviacastelo

E, POR SUPOSTO, TAMÉN NOS SERVIRÁN DE GRAN AXUDA TODOS OS RECURSOS RECOLLIDOS EN "UN PROXECTO ENTRE TODOS" CON RESPECTO A ESTA TEMÁTICA.
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/insectos

E COMO SEMPRE DICIMOS, GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR E A TODOS ESES DOCENTES QUE COMPARTEN OS SEUS MATERIAIS E/OU RECURSOS!

6 comentarios:

  1. Mucha suerte con el nuevo proyecto. Si pones algún enlace nuevo lo guardaremos también.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Mireia! Intentaremos hacerlo lo más completo posible teniendo en cuenta el poquito tiempo que nos queda para acabar el curso. Estaré encantada de poder aportar cosas nuevas al proyecto! Un besito.

    ResponderEliminar
  3. Me alegra que compartas con nosotras tus experiencias.
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y yo encantada de compartirlas Blanca! Gracias por tu comentario. Un beso.

      Eliminar
  4. Seguriño que vos queda un gran proxecto sobre os insectos. Unha aperta, Silvia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desde logo os peques están entusiasmados...co que lles gustan os bechiños! jeje. Un biquiño Ana.

      Eliminar