SEGUINDO AS FASES QUE DEBEN ESTAR PRESENTES EN TODO PROXECTO, APROVEITAMOS A CHEGADA DA ABELLA MAIA PARA FALAR DAS ABELLAS E DOS INSECTOS EN XERAL.
PERO OUTRAS NON TANTO...
GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, TEMOS UNHA MOREA DE MATERIAL PARA PODER INVESTIGAR SOBRE O QUE QUEREMOS SABER.
E AÍNDA QUE XA SABEMOS NOMEAR MOITAS PARTE DO CORPO DOS INSECTOS, OUTRAS NON AS COÑECEMOS. POR ISO, COMEZAMOS A INVESTIGAR PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA "COMO SON OS INSECTOS?".
BUSCANDO NO RECANTO DO PROXECTO, ATOPAMOS UN LIBRO MOI INTERESANTE QUE NOS FALA SOBRE ISTO...
CANTAS COUSAS NOS CONTOU ESTA ABELLIÑA CHAMADA FLORA! EXPLICOUNOS PARA QUE LLE SERVÍAN CADA UNHA DAS PARTES DO SEU CORPO. DESCUBRIMOS QUE GRAZAS AOS SEUS ENORMES OLLOS PODE VER O QUE HAI DETRÁS E QUE AS SÚAS ANTENAS SÉRVENLLE PARA PODER ORIENTARSE.
OUTRO PARTE DO SEU CORPO QUE NOS CHAMOU MOITO A ATENCIÓN FOI A SÚA TROMPA. PERO NON SON OS ELEFANTES OS QUE TEÑEN TROMPA? SIIIII...PERO TAMÉN HAI ALGÚNS INSECTOS QUE A TEÑEN...MOITO MÁIS PEQUENA, CLARO! Á ABELLA FLORA SÉRVELLE PARA CHUPAR O POLEN E O NÉCTAR.
TAMÉN NOS CONTOU QUE TEN DOUS PARES DE ÁS E QUE TEN UNHA PARTE DO CORPO QUE SE CHAMA ABDOME. PERO...COIDADO! AO FINAL DESTE TEN UN AGUILLÓN CO QUE PODE PICAR SE ESTÁ ENFADADA.
XA SABIAMOS QUE OS INSECTOS TIÑAN PATAS PERO NON SABÍAMOS EXACTAMENTE CANTAS...GRAZAS Á ABELLA FLORA APRENDIMOS QUE TEÑEN TRES PARES DE PATAS E QUE AS DAS ABELLAS ESTÁN CUBERTAS DE PELO. ASÍ, O POLEN QUEDA PEGADO A ELAS E PODEN DESPRAZALO ATA AS SÚAS COLMEAS.
PARA IR INTERIORIZANDO OS CONTIDOS, ESCRIBIMOS AS PARTES DO CORPO DOS INSECTOS NO NOSO DOSSIER E, POR SUPOSTO, TAMÉN QUEDAN REFLECTIDOS NO MAPA CONCEPTUAL DO PROXECTO.
Pois si que teñen as ideas ben clariñas. Seguro que aprendedes moitísimo. Unha aperta e moi bo día das Letras Galegas!
ResponderEliminarSi...a verdade é que xa teñen moitos coñecementos sobre os insectos pero interésanos tanto a temática que intentaremos indagar un pouco máis sobre eles. Un abrazo Ana e un feliz día das Letras Galegas para ti tamén!
ResponderEliminarVa a ser un proyecto muy interesante con lo que a ellos le gustan los insectos, van a disfrutar de lo lindo. Un besete
ResponderEliminarSi, si....ell@s lo viven jeje. Salen al patio y lo primero que hacen es ir en busca de insectos...les encantan!. Un besito Cati.
ResponderEliminarMe gusta porque los insectos siempre los dejamos un poco de lado....
ResponderEliminarGracias por compartir
Un besico
Nosotros, los adultos, somos más reacios a ellos, es verdad...pero cuando llega la primavera te das cuenta de que es un tema de especial interés para los peques y, aunque no sean mucho de nuestro agrado, siempre debemos intentar satisfacer las necesidades de los peques. Al fin y al cabo en eso consiste nuestro trabajo no? jeje. Yo, al principio, no me atrevía ni a manipular un gusano de seda y, ahora, casi te diría que es mi mascota preferida jajajaja. Un besito fuerte Blanca.
ResponderEliminar