SANDRA, A SÚA MAMÁ, CONTOUNOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTA MASCOTA ACUÁTICA...
ENTRE TODAS ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...
A MASCOTA DE ALEJANDRO TRÁTASE DUN PEIXE DE AUGA DÓCE.
O SEU NOME É NEMO. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DELETREALO E PARA OBSEVAR SE NOS PARECÍA UNHA PALABRA LONGA OU CURTA.
OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, AS SÚAS ESCAMAS DE COR LARANXA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O ALIMENTO EN ESCAMAS QUE COMPRAN NUNHA TENDA ESPECIALIZADA EN ANIMAIS.
É A MASCOTA MÁIS PEQUENA QUE NOS VISITOU ATA O DE AGORA. MIDE 7 CM E PESA 18 GR.
A NEMO GÚSTALLE MOITO COMER E NADAR COS SEUS AMIGOS
(OUTROS DOUS PEIXES).
A FAMILIA DE NEMO SON OUTROS PEIXES QUE QUEDARON NO ACUARIO DA TENDA ONDE O COMPRARON E DOUS COMPAÑEIROS NOVOS, COLITA E PINTO, QUE LLE TROUXERON HAI POUQUIÑOS DÍAS PARA FACERLLE COMPAÑÍA.
OS MOMENTOS MÁIS SIGNIFICATIVOS PARA NEMO SON CANDO ALEJANDRO LLE CAMBIA A AUGA DO ACUARIO E LLE DA DE COMER.
AÍNDA QUE XA TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VELO MENTRES SANDRA NOS CONTABA TODAS ESTAS COUSAS, SEMPRE NOS GUSTA VER ÁS MASCOTAS AO NOSO CARÓN E SE PODEMOS TOCARLLES MOITO MELLOR! MIRADE QUE BEN O PASAMOS CON NEMO...
ALEJANDRO LEVARÁ TAMÉN O DOSSIER DA SÚA MASCOTA PARA A CASA E ASÍ PODER VELO CADA VEZ QUE QUEIRA.
GRAZAS SANDRA POR TRAERNOS Á MASCOTA DE ALEJANDRO E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO XENIAL!
Gracias a ti Silvia por deixarnos participar!!
ResponderEliminar