ESTE PASADO LUNS TIVEMOS O PRACER DE COÑECER Á MASCOTA DE ELISABETH, UN FERMOSO GATIÑO CHAMADO SUNNY.
MEREL FOI A ENCARGADA DE TRAELO Á AULA E DE CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE ANIMAL DOMÉSTICO MENTRES SUNNY ESPERABA PACIENTE NO SEU COLO.
DE TODA A INFORMACIÓN RECIBIDA DESTACAMOS A SEGUINTE...
O PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UN ANIMAL PERTENCENTE Á FAMILIA DOS FELINOS; UN GATO.
TEN NOME DE ORIXE INGLÉS; SUNNY (SOLEADO). CHÁMASE ASÍ POLA COR DA SÚA PELAXE.
OS SEUS OLLOS SON DE COR VERDE, A SÚA PELAXE ALARANXADA E A SÚA COMIDA FAVORITA É A QUE VEN PREPARADA EN LATAS ESPECIAL PARA GATOS AÍNDA QUE DE VEZ EN CANDO GÚSTALLE COLLER COMIDA ÁS ESCONDIDAS; CHOURIZOS, QUEIXO... QUE PILLÍN!!
SUNNY MIDE 28 CM E PESA 4 KG.
A MASCOTA DE ELI NON TEN XOGUETES PERO ENCÁNTALLE XOGARA A CAZAR OUTROS ANIMAIS; PAXAROS, BOLBORETAS, RATOS, GRILOS E LAGARTIXAS.
A FAMILIA DE SUNNY SON OUTROS ANIMAIS QUE VIVEN NA CASA COMO O GALO, AS GALIÑAS E UN CAN CO QUE SE LEVA ESTUPENDAMENTE.
OS MOMENTOS MÁIS SIGNIFICATIVOS PARA SUNNY SON OS QUE PASA CON SAMUEL E CON ELISABETH, QUE O COIDAN ESTUPENDAMENTE.
DESPOIS DE ESCOITAR CON ATENCIÓN TODOS ESTES DATOS, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TOCARLLE E DARLLE DE COMER. ASÍ DE BEN O PASAMOS...
AO IGUAL QUE O RESTO DE COMPAÑEIR@S, TAMÉN ELI LEVARÁ O DOSSIER DE SUNNY PARA VELO NA SÚA CASA CADA VEZ QUE QUEIRA.
ENCANTOUNOS COÑECERTE SUNNY!
COMO SEMPRE, AGRADECER, NESTE CASO A MEREL, O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A SUNNY E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO DO MÁIS DIVERTIDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario