ESTE PASADO LUNS RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL; A MASCOTA DE LUCÍA, UNHA CRÍA DE OVELLA CHAMADA PIRULETA.
IRIA, A MAMÁ DE LUCÍA, ENCARGOUSE DE TRAELA E DE CONTARNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE A VIDA DESTE ANIMAL DOMÉSTICO.
ENTRE TODAS ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...
OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA PIRULETA SON OS QUE COMPARTE CON LUCÍA; AS SÚAS CARICIAS, OS SEUS ABRAZOS E, POR SUPOSTO, CANDO LLE DA O BIBERÓN.
DURANTE O RATIÑO NO QUE IRIA NOS ESTIVO CONTANDO TODAS ESTAS COUSAS, PIRULETA ESTABA NO SEU TRANSPORTÍN E, CLARO, ESTABAMOS DESEXANDO VELA E TOCALA. VIÑA TODA BONITIÑA CO SEU LAZO E O SEU CASCABEL. ADEMÁIS, ATA TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DARLLE O BIBERÓN! PASÁMOLO EN GRANDE E SENÓN MIRADE...
A PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UNHA CRÍA DE OVELLA, NESTE CASO UNHA FEMIA CON SÓ UN MES DE VIDA.
LUCÍA ESCOLLEU UN NOME MOI DÓCE PARA A SÚA MASCOTA; PIRULETA. APROVEITAMOS PARA DELETREALO E CONTARLLE AS LETRAS QUE CONTÉN.
PIRULETA TEN OS OLLOS DE COR MARRÓN, A SÚA PELAXE É CASE TODA BRANCA PERO TEN UNHAS MANCHIÑAS DE COR MARRÓN E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE E A HERBA SECA.
DEBIDO Á SÚA CURTA IDADE, PIRULETA SÓ MIDE 30 CM E PESA 2,5 KG.
OS XOGOS QUE MÁIS LLE GUSTAN A PIRULETA SON SALTAR PAREDES, BRINCAR POLOS PRADOS E ESCOITAR O TIN-TÍN DO SEU CASCABEL.
PIRULETA TEN UNHA GRAN FAMILIA; O SEU PAPÁ, QUE SE CHAMA CASCABEL, A SÚA MAMÁ, CAMPANILLA, UN IRMÁN CUN NOME IGUAL DE DÓCE QUE O DE PIRULETA XA QUE LUCÍA ESCOLLEU PARA ESTE CORDEIRO O NOME DE CHUPA-CHUPS E OUTRAS OVELLAS E AÑOS QUE CONVIVEN CON ELES.
DURANTE O RATIÑO NO QUE IRIA NOS ESTIVO CONTANDO TODAS ESTAS COUSAS, PIRULETA ESTABA NO SEU TRANSPORTÍN E, CLARO, ESTABAMOS DESEXANDO VELA E TOCALA. VIÑA TODA BONITIÑA CO SEU LAZO E O SEU CASCABEL. ADEMÁIS, ATA TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DARLLE O BIBERÓN! PASÁMOLO EN GRANDE E SENÓN MIRADE...
AO IGUAL QUE O RESTO DE COMPAÑEIR@S, LUCÍA TAMÉN VAI LEVAR O SEU DOSSIER PARA QUE TEÑA UN BONITO RECORDO DESTE DÍA.
ENCANTOUNOS COÑECERTE PIRULETA!
POR SUPOSTO, AGRADECERLLE A IRIA O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A PIRULETA E, SOBRE TODO, POR DEIXARNOS DARLLE O BIBERÓN. PASAMOS UN RATIÑO MOI DIVERTIDO CON ELA!
Qué divertido!!.
ResponderEliminarGracias, un beso.