INVESTIGANDO A PRETO DAS ABELLAS, ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS, DESCUBRIMOS QUE SON UNS INSECTOS MOI ORGANIZADOS EN CANTO ÁS TAREFAS QUE TEÑEN QUE REALIZAR.
PERO...SON TODOS OS INSECTOS ASÍ DE ORGANIZADOS E TRABALLADORES?
SE NOS REMITIMOS ÁS IDEAS PREVIAS QUE OS NEN@S TIÑAN SOBRE OS INSECTOS ANTES DE DAR COMEZO AO PROXECTO, UNHA DELAS FACÍA REFERENZA ÁS FORMIGAS.
"AS FORMIGAS ESPERTAN CEDO". ESTA AFIRMACIÓN, AÍNDA QUE NON O DÍ EXPLÍCITAMENTE, DÉIXANOS VER QUE OS PEQUENOS XA CONSIDERABAN ÁS FORMIGAS COMO INSECTOS TRABALLADORES.
PARA APROBAR OU REFUTAR ESTA AFIRMACIÓN, NA XORNADA DE HOXE, VISIONAMOS UNHA FÁBULA QUE NOS AXUDOU A REFORZAR ESTA IDEA PREVIA QUE TIÑAMOS.
NESTA FÁBULA, APARECE TAMÉN OUTRO INSECTO; A CIGARRA OU CHICHARRA, A CAL TAMÉN MENCIOARON OS PEQUES NAS SÚAS IDEAS PREVIAS...
DESPOIS DO VISIONADO, PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EMOCIONAL, ADEMÁIS DE LEMBRAR AS PARTES DA NARRACIÓN; PRESENTACIÓN, NÓ E DESENLACE, FORMULEILLES AOS NEN@S A SEGUINTE PREGUNTA; SE VÓS FÓRADES A FORMIGA, ACOLLERIADES Á CIGARRA NA VOSA CASA?
NA MAIORÍA DOS CASOS, A RESPOSTA FOI POSITIVA; SÍ, DEIXARÍAN PASAR Á CIGARRA E DARIANLLE ABRIGO E COMIDA. ISO SÍ, TAMÉN LLE DARÍAN UN CONSELLIÑO; "PARA O VERÁN SEGUINTE TES QUE TRABALLAR MÁIS E SER MENOS PREGUICEIRA".
REFLEXIONAMOS SOBRE COMO SE SENTIRÍA A CIGARRA SE LLE NEGARAMOS A AXUDA E, OBVIAMENTE, TODOS PENSAMOS QUE SE SENTIRÍA MOI TRISTE.
CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE, A FORMIGA, ADEMÁIS DE SER PRECAVIDA E TRABALLADORA TEN QUE TER BO CORAZÓN E AXUDAR A QUEN O PRECISA.
Sen dúbida unha gran conclusión. Un traballo fantástico. Boa finde e unha grande aperta.
ResponderEliminarSiiiii...sobre todo nos tempos que corren é preciso que os pequen@s entendan que debemos axudar sempre aos demáis. Un biquiño Ana.
ResponderEliminar