domingo, 8 de junio de 2014

EXPERIMENTO CON MEL

AO LONGO DESTA SEMANA A ABELLA MAIA ENCARGOUNOS UNHA TAREFA  PARA A CAL DEBIAMOS PRESTAR MOITA ATENCIÓN ÁS SÚAS INDICACIÓNS. 


ESTA TAREFA CONSISTÍA EN  FACER UN EXPERIMENTO EMPREGANDO DIVERSOS MATERIAIS; AUGA, ACEITE E MEL. E PARA QUE? NA MISIVA QUE NOS ENVIOU EXPLICOUNOS QUE QUERÍA SABER CAL DESTAS SUBSTANCIAS PESA MÁIS, OU O QUE É O MESMO, CAL DELAS TEN MAIOR DENSIDADE.


TAMÉN NOS DIXO QUE PODIAMOS DEGUSTAR O MEL E COMPROBAR QUE ESTE ALIMENTO NATURAL FEITO POR ELA E AS SÚAS AMIGUIÑAS, ADEMÁIS DE ESTAR RIQUÍSIMO FAI QUE MEDREMOS SANS E FORTES. 

A CONTINUACIÓN DOS INGREDIENTES, APARECÍA ESCRITO O PROCESO DE ELABORACIÓN.

- BOTAR NO RECIPIENTE 5 CULLERADAS DE AUGA, 5 DE ACEITE E 5 DE MEL.
- AXITAR O TARRO CON FORZA.
- OBSERVAR COMO SE DISTRIBÚEN ESTAS SUBTANCIAS.

E, COA AXUDA DO NOSO ENCARGADO, ASÍ O FIXEMOS...












DE ALÍ A UNS POUCOS MINUTOS, A MESTURA APARECÍA ASÍ...


OBSERVANDO AS SUBSTANCIAS, DÉMONOS CONTA DE QUE O MEL AFUNDIRA, A AUGA QUEDARA ENTRE O MEL E O ACEITE E ESTE QUEDARA ENRIBA DE TODO. AGORA, HABÍA QUE DAR RESPOSTA Á GRAN PREGUNTA; CAL DESTAS SUBSTANCIAS TEN MAIOR DENSIDADE?

REFLEXIONANDO, OS PEQUES CHEGARON Á CONCLUSIÓN DE QUE SE O MEL AFUNDIRA SERÍA DEBIDO AO SEU PESO, ENTÓN TERÍA MAIOR DENSIDADE QUE AS OUTRAS DÚAS SUBSTANCIAS. 

DO MESMO XEITO, CHEGARON Á CONCLUSIÓN DE QUE SE O ACEITE QUEDOU NA SUPERFICIE SERÍA PORQUE É A SUBSTANCIA MÁIS LIXEIRA DAS TRES E, POLO TANTO, A QUE MENOS PESA.

SEGUROS XA DA NOSA RESPOSTA, EXCRIBÍMOLA NUN PAPEL E DEIXAMOSLLA NO BUZÓN Á NOSA QUERIDA AMIGA MAIA. 






4 comentarios:

  1. Que gran experimento! Probarei a facelo o próximo curso. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Como lles gusta aos peques isto de facer experimentos! E neste, que ademáis tivemos a posibilidade de probar o mel, mellor que mellor. Unha aperta forte Ana!

    ResponderEliminar
  3. Un gran experimento.
    Gracias por compartir.
    Un besico

    ResponderEliminar
  4. Con lo que les gusta experimentar a los peques, habrán disfrutado de lo lindo. Muy buena actividad, enhorabuena!!! Un besete

    ResponderEliminar