COMO XA SABEDES, NON HAI MOITOS DÍAS, POR PETICIÓN DA ABELLA MAIA, TIVEMOS QUE FACER UN EXPERIMENTO E APUNTAR O RESULTADO NUN PAPELIÑO QUE, POSTERIORMENTE, LLE DEIXAMOS NO BUZÓN.
POIS BEN, HOXE RECIBIMOS OUTRA CARTA DA NOSA AMIGA NA QUE NOS CONFIRMABA QUE A NOSA RESPOSTA ERA A CORRECTA! SÍ! O MEL PESA MÁIS QUE A AUGA E QUE O ACEITE E, POLO TANTO, É MÁIS DENSO.
COMO RECOMPENSA, MAIA CONVIDOUNOS A PARTICIPAR NUN XOGO MOI DIVERTIDO E, AÍNDA QUE TEMOS QUE PREPARALO UN POUCO MÁIS (XA O VEREDES MÁIS ADIANTE) HOXE FIXEMOS UNHA PROBA QUE NON SAIU NADA MAL.
A ABELLA MAIA PROPÚXONOS CONVERTIRNOS EN ABELLIÑAS (OBREIRAS!) E IR ATA UNHA FLOR RECOLLER POLEN. MENUDA TAREFA!
COMO NÓS NON TEMOS NIN TROMPA NIN PATAS PELUDAS PARA RECOLLER O POLEN, Á ABELLA MAIA OCURRÍUSELLE QUE PODIAMOS FACELO CON PALLIÑAS. QUE DIVERTIDO!
PARA LEVALO A CABO, ADEMÁIS DA CARTA COA EXPLICACIÓN DO XOGO, DEIXOUNOS A PLANTILLA DUN HEXÁGONO (QUE XA SABEMOS QUE É UNHA FIGURA QUE TEN 6 LADOS) PARA ELABORAR AS CELAS DA NOSA COLMEA. TAMÉN NOS DEIXOU UNHA FLOR E AS PALLIÑAS PARA PODER RECOLLER O POLEN.
COMO BOAS ABELLIÑAS, TRABALLAMOS EN EQUIPO, E SAIUNOS ASÍ DE BEN!
RECOLLEMOS POLEN por ivixcb
No hay comentarios:
Publicar un comentario