miércoles, 4 de junio de 2014

COÑECEMOS AS ABELLAS

DESPOIS DE INVESTIGAR CALES ERAN AS PARTES DO CORPO DOS INSECTOS, DECIDIMOS EXPLORAR UN POUQUIÑO SOBRE O MUNDO QUE RODEA Á NOSA AMIGA, A ABELLA MAIA. 

SABIAMOS XA ALGUNHAS COUSIÑAS SOBRE ESTES INSECTOS. NEMBARGANTE, NON TIÑAMOS MOI CLARA A DIFERENZA ENTRE UNHA ABELLA E UNHA AVISPA, NIN SE AMBAS AS DÚAS PRODUCÍAN MEL, NIN QUEN ERA A PERSOA ENCARGADA DE IR RECOLLER O MEL Á COLMEA. POR ISO, A ABELLA MAIA NON DUBIDOU EN FACILITARNOS UN EPISODIO DA SÚA VIDA E UN DOCUMENTAL MOI INTERESANTE CON PREGUNTAS ÁS QUE TIÑAMOS QUE IR DANDO RESPOSTA.



TAMÉN NOS DEIXOU NA TABLET UNHA PRESENTACIÓN QUE NOS EXPLICA MOI BEN COMO SE ORGANIZAN AS ABELLAS NA SÚA VIDA DIARIA, AS CASTAS DE ABELLAS QUE EXISTEN E CAL É A FUNCIÓN DE CADA UNHA DELAS DENTRO DA COLMEA. GRAZAS A ESTA PRESENTACIÓN, SOUBEMOS TAMÉN COMO SE CHAMA A PERSOA ENCARGADA DE RECOLLER O MEL UNHA VEZ PRODUCIDA POLAS ABELLAS. BOTADE UNHA OLLADA...



POR ÚLTIMO, DEIXOUNOS UNHA FOTOGRAFÍA DO INTERIOR DO SEU CORPO! CHAMOUNOS A ATENCIÓN A FORMA QUE TEN O SEU CORAZÓN E DESCUBRIMOS QUE TAMÉN TEN CEREBRO! PUIDEMOS OBSERVAR TAMÉN O BUCHE, QUE É  PARTE DO SEU CORPO ONDE ALMACENA O NÉCTAR PARA TRANSPORTALO Á COLMEA.



4 comentarios:

  1. Cantas cousiñas aprendíchedes sobre as abellas! Uns recursos fantásticos, Silvia. unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que o mundo dos insectos é moi atractivo para os pequenos e disfrutan aprendendo todas estas cousiñas. Un biquiño Ana!

    ResponderEliminar
  3. Os está quedando un proyecto muy completo. ¡Cuánto estáis aprendiendo de los pequeños bichitos que nos rodean! Enhorabuena y gracias por compartir tanto material. Quizás algún día me anime a hacer un proyecto sobre los insectos en general. Un abrazo Silvia.

    ResponderEliminar
  4. La temática desde luego les encanta! No necesitan más motivación que el propio centro de interés. Anímate a llevarlo a cabo porque váis a disfrutar un montón! Un besito Lola.

    ResponderEliminar