ESTE PASADO LUNS COÑECIMOS Á MASCOTA DE JAVIER, UN FERMOSO AÑO CHAMADO COPITO DE NEVE.
NESTA OCASIÓN, FOI A MAMÁ DE JAVI A ENCARGADA DE APORTARNOS TODA A INFORMACIÓN.
CONTOUNOS MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS AS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN...
O PROTAGONISTA DA SEMANA É UN AÑO DE SEMANA E MEDIA QUE, ADEMÁIS, TEN UNHA IRMÁ....
O SEU NOME É "COPITO DE NEVE". ESTE NOME DÉBESE Á COR DA SÚA PELAXE...
OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE DA SÚA NAI...
COPITO DE NEVE MIDE 37 CM DE ALTO, 45 CM DE LARGO E PESA 3 KG...
O SEU XOGO FAVORITO É CORRER POLO PRADO XUNTO A SÚA IRMÁ...
A SÚA FAMILIA ESTÁ COMPOSTA POLA SÚA NAI, AS IRMÁS DESTA E UNHA IRMÁ DO MESMO TEMPO CA EL...
COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS E SIGNIFICATIVOS PARA COPITO DE NEVE SON OS QUE PASA NA COMPAÑIA DE JAVI.
AO IGUAL QUE EN TODAS AS VISITAS ANIMAIS, O MOMENTO MÁIS ESPERADO SEMPRE É O DE PODER VER E TOCAR ÁS MASCOTAS. QUEREDES VER QUE BEN O PASARON OS NEN@S CON COPITO DE NEVE?...
TAMÉN JAVI LEVARÁ O SEU DOSSIER PARA PODER VELO NA CASA XUNTO Á SÚA FAMILIA CADA VEZ QUE O DESEXE...
ENCANTOUNOS COÑECERTE COPITO DE NEVE!
COMO SEMPRE, AGRADECERLLE Á MAMÁ DE JAVI O SEU ESFORZO POR TRAERNOS Á MASCOTA FÍSICAMENTE E POR DEIXARNOS DISFRUTAR UN RATIÑO DE COPITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario