COMO XA VOS COMENTEI NUNHA DAS ENTRADAS ANTERIORES, ESTAMOS A TRABALLAR A LECTO-ESCRITURA A PARTIR DOS NOMES, XA QUE É ALGO MOI SIGNIFICATIVO PARA OS NEN@S.
ADEMÁIS DOS NOSOS PROPIOS NOMES, TAMÉN ESTAMOS A RELIZAR ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTO-ESCRITURA EMPREGANDO OS NOMES DAS MASCOTAS QUE NOS VIDES PRESENTAR Á AULA.
PARA QUE A ACTIVIDADE SEXA AÍNDA MÁIS MOTIVADORA PARA OS PEQUENOS, ENGADIMOS UN ELEMENO MÁXICO A MAIORES, A MESA DE LUZ.
NESTA OCASIÓN, REALIZAMOS A ACTIVIDADE POR PARELLAS FOMENTANDO A APRENDIZAXE COOPERATIVA NO QUE CADA UN TEN UNHA FUNCIÓN ESPECÍFICA; IDENTIFICAR E BUSCAR LETRAS E/OU COLOCAR NA DIRECCIÓN CORRECTA TRABALLANDO ASÍ A DIRECCIONALIDADE DA ESCRITURA.
CON ANTERIORIDADE TRABALLAMOS OS NOMES DAS MASCOTAS MÁIS LONGOS; "SALTARÍN" E "PERICO". ESTA VEZ, FIXÉMOLO COS NOMES MÁIS CURTOS "NICO", "COCÓ" E "ROCKY".
E ASÍ DE BEN O FIXEMOS...
ESTAMOS DESEXANDO COÑECER OS NOMES DAS MASCOTAS QUE QUEDAN POR VIR PARA PODER COMPOÑELOS NA MESA DE LUZ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario