COMO XA VOS COMENTEI NUNHA DAS ENTRADAS ANTERIORES, UN DOS RECURSOS EDUCATIVOS QUE VAI ESTAR MOI PRESENTE NA NOSA AULA É A MESA DE LUZ PARA TRABALLAR DIFERENTES CONTIDOS.
NESTA OCASIÓN, EMPREGÁMOLA PARA TRABALLAR A LECTO-ESCRITURA. ADEMÁIS, PARA QUE A ACTIVIDADE RESULTASE FUNCIONAL E SIGNIFICATIVA PARA OS NEN@S, AS PALABRAS QUE FORON COMPOÑENDO FACÍAN REFERENZA AO NOME DAS MASCOTAS QUE NOS VIÑERON PRESENTAR AS FAMILIAS PARA O PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS". DESTE XEITO, CONSEGUIMOS TRABALLALO TODO DUNHA FORMA GLOBALIZADA.
POR OUTRA PARTE, CON ESTA ACTIVIDADE PUXEMOS EN XOGO TAMÉN A APRENDIZAXE COOPERATIVA. POR PARELLAS, DEBÍAN COMPOÑER O NOME DA MASCOTA QUE APARECÍA NA IMAXE; UN DELES IDENTIFICABA E BUSCABA AS LETRAS CORRESPONDENTES AO SON QUE EU LLES ÍA DICINDO E A OUTRA PARTE DA PARELLA ERA A ENCARGADA DE COLOCALAS NA DIRECCIÓN CORRESPONDENTE.
E ASÍ DE BEN O FIXERON...
ESTA VEZ TRABALLAMOS COS NOMES DE "PERICO" E "SALTARÍN". NOUTRA OCASIÓN, TRABALLAREMOS A COMPOSICIÓN DOS NOMES DO RESTO DE MASCOTAS QUE NOS ESTÁN A VISITAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario