COMO NOS GUSTAN OS LUNS PARA RECIBIR UNHA NOVA VISITA ANIMAL! NESTA OCASIÓN, TOCOULLE O TURNO Á MASCOTA DE PAULA, UN SIMPÁTICO COELLIÑO CHAMADO ZIPI, QUE VIU ACOMPAÑADO DO SEU IRMÁN ZAPE XA QUE SON INSEPARABLES.
MIGUEL, O PAPÁ DE PAULA, FOI O ENCARGADO DE APORTARNOS TODA A INFORMACIÓN; NOME, ALIMENTACIÓN, PESO E MEDIDA, XOGOS QUE LLE GUSTAN, MOMENTOS ESPECIAIS...
DE TODA ESA INFORMACIÓN DESCUBRIMOS QUE...
O PROTAGONISTA DESTA SEMANA TRÁTASE DUN COELLO...
O SEU NOME É CURTIÑO, SÓ TEN CATRO LETRAS; ZIPI (SOUBEMOS DELETREALO ESTUPENDAMENTE)...
ESTA MASCOTA MIDE 10 CM DE ALTO E 25 CM DE LARGO E PESA 600 GR...
O XOGO FAVORITO DE ZIPI É ESCONDERSE, XOGO AO QUE TAMÉN SE UNE O SEU IRMÁN ZAPE...
A FAMILIA DE ZIPI SON A SÚA MAMÁ, O SEU PAPÁ E OS SEUS CATRO IRMÁNS...
O MOMENTO MÁIS ESPECIAL PARA ZIPI E TAMÉN PARA ZAPE É CANDO PAULA E ALBA XOGAN A METELOS NO BERCE DS BONECAS.
PAULA TAMÉN LEVA O SEU DOSSIER DE RECORDO PARA QUE PODA VELO CANDO QUEIRA NA SÚA CASA. ESTABA DESEXANDO LEVALO!
Gracias a ti, Silvia. Por darnos a oportunidade de disfrutar con todos os nenos e agradecerche a boa labor que fas con eles.
ResponderEliminarEfectivamente Paula estaba desexando traer o dosier.
A verdade é que o pasaron en grande cos coelliños! Unha aperta forte Ana!
ResponderEliminar