sábado, 1 de marzo de 2014

ALIMENTOS DE ENTROIDO

PARA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO, AS TITORAS DO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL DECIDIMOS QUE SERÍA UNHA BOA IDEA ORGANIZAR UNHA MERENDOLA DE ENTROIDO COA FINALIDADE DE DARLLE A COÑECER AOS PEQUENOS ALGÚNS ALIMENTOS TÍPICOS DA GASTRONOMÍA GALEGA. 

DESTE XEITO, ENVIAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PARA QUE NOS ENVIARAN FILLOAS, CHULAS, ORELLAS OU ROSQUILLAS. A IDEA ERA QUE OS PEQUENOS ELABORARAN, XUNTO COAS SÚAS FAMILIAS, ESTES ALIMENTOS PARA INTRODUCILOS NA ELABORACIÓN DE RECEITAS. 

ADEMAÍS, TAMÉN FIXEMOS UNHAS CESTAS PARA PODER DEGUSTAR NA CASA OS ALIMENTOS QUE NON SE CONSUMIRON NA MERENDOLA...E QUEDARON MOI CHULAS!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario