XA O PEDAGOGO JOHN DEWEY NOS FALABA DA IMPORTANCIA DE LEVAR A CABO NA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL O TRABALLO COOPERATIVO, QUE PROMOVE A IMPORTANCIA DE CONSTRUIR COÑECEMENTOS A PARTIR DA INTERACCIÓN E A AXUDA ENTRE PARES DE FORMA SISTEMÁTICA.
POIS BEN, COMO DOCENTES, DEBEMOS PROGRAMAR ACTIVIDADES NAS QUE A COOPERACIÓN ENTRE O ALUMNADO ADQUIRA O PAPEL PROTAGONISTA DAS MESMAS.
PERO...COMO PODEMOS LEVAR A CABO O TRABALLO COOPERATIVO DENTRO DA AULA?. AQUÍ VOS DEIXO UN EXEMPLO DUNHA ACTIVIDADE QUE LEVAMOS A CABO PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL E, QUE Á SÚA VEZ, FOI IDÓNEA PARA FOMENTAR A COOPERACIÓN ENTRE OS NEN@S...
Free slideshow design created with Smilebox |
POR PARELLAS, OS NEN@S DIALOGAN SOBRE A UBICACIÓN NA CUADRÍCULA DE CADA UN DOS GOMETS TENDO QUE CHEGAR A UNHA CONCLUSIÓN COMÚN. VEMOS QUE, O TRABALLO COOPERATIVO, NON FAI MÁIS QUE ENRIQUECER CALQUERA ACTIVIDADE QUE PROGRAMEMOS PARA LEVAR A CABO DENTRO DA NOSA AULA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario