NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL A MELLOR FORMA DE ADQUIRIR OS CONCEPTOS É A TRAVÉS DA EXPLORACIÓN, A EXPERIEMENTACIÓN E, COMO NON, TAMÉN A TRAVÉS DA MANIPULACIÓN.
POR ESTA RAZÓN, Á HORA DE TRABALLAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS, ADEMÁIS DE BUSCAR OBXECTOS DA VIDA COTIÁ CON DISTINTAS FORMAS, REALIZAMOS OUTRAS ACTIVIDADES DE MANIPULACIÓN CON BLOQUES LÓXICOS.
UNHA DELAS É CLASIFICAR OS BLOQUES SEGUNDO A SÚA FORMA E A SÚA COR. PARA ISTO EMPREGAMOS UNHAS TÁBOAS DE DOBRE ENTRADA COMA ESTAS...
OS NEN@S REALIZAN A ACTIVIDADE POR PARELLAS SEN EXPLICACIÓN PREVIA DA DOCENTE, É DICIR, ELES MESMOS, OBSERVANDO A TÁBOA, TEÑEN QUE DEDUCIR ONDE DEBEN SITUAR CADA UN DOS BLOQUES LÓXICOS.
A TRAVÉS DO DIÁLOGO, SACARON AS SÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DE COMO DEBIAN DE LEVAR A CABO A ACTIVIDADE E ESTE FOI O RESULTADO...
SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
FIXÉRONO XENIAL!!
A IDEA DE EMPREGAR AS TÁBOAS DE DOBRE ENTRADA PARA TRABALLAR COS BLOQUES LÓXICOS É SACADA DO BLOGUE www.aprendiendoeninfantil.com DE ELISA HERNÁNDEZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario