domingo, 16 de marzo de 2014

RECICLANDO E SEMENTANDO

DURANTE O OUTONO PUIDEMOS OBSERVAR COMO ERA UNHA CABAZA XA QUE É UN ALIMENTO TÍPICO DESTA ESTACIÓN. TRABALLAMOS ESTE ALIMENTO A TRAVÉS DE CONTOS ("CORRE, CORRE CABACIÑA") E TAMÉN A TRAVÉS DE CANCIÓNS...

POR ISO, A PIQUE DE ENTRAR NA PRIMAVERA, E APROVEITANDO QUE A CLIMATOLOXÍA NOS ACOMPAÑA, DECIDIMOS SEMENTAR...CABAZAS!

PERO ONDE AS ÍMOS SEMENTAR? CLARO! PRECISAMOS UNS RECIPIENTES... MERCÁMOLOS? .... NOOOOOOOOON!!!!! RECICLAMOS PARA FACERNOS CON ELES.

QUEREDES VER COMO O FIXEMOS? CONSEGUIMOS UNS CARTÓNS DE LEITE E...














DECORÁMOLOS PARA FACER UNHAS FERMOSAS MACETAS! E PARA INTEGRAR A ACTIVIDADE NO NOSO PROXECTO ÍMOLA CONVERTIR NUNHA MACETA-VACA...












COMO A VACA TIÑA MANCHAS PODÍAN ESCOLLER ENTRE FACELA PINTA (MANCHAS NEGRAS) OU NORMANDA (MANCHAS MARRÓNS) PERO ALGÚNS DEIXARON VOAR A SÚA IMAXINACIÓN E QUEDARON ASÍ DE FERMOSAS...


ANTES DE POÑER AS VACAS NA MACETA, FOMOS SEMENTAR PARA EVITAR QUE SE ESTROPEARAN AO REGAR AS SEMENTES...  E ALÓ FOMOS CANTANDO UNHA CANCIÓN:

ÍMOS SEMENTAR CABAZA
Á MODA, Á MODA
ÍMOS SEMENTAR CABAZA Á MODA DO PAÍS.
PLANTAMOS CUN DEDO
Á MODA, Á MODA
PLANTAMOS CUN DEDO
Á MODA DO PAÍS....

E ASÍ DE BEN O PASAMOS...



SILVIA CASTELO BOUZA's Slidely by Slidely


1 comentario: