lunes, 17 de marzo de 2014

POR QUE REMOEN AS VACAS?

DURANTE ESTE TEMPO QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR O PROXECTO SOBRE A VACA, APRENDIMOS UNHA MOREA DE COUSAS; SABEMOS QUE TEÑEN CORNOS, ORELLAS, OLLOS, FOCIÑO, CATRO PATAS, E UN RABO QUE LLE SERVE PARA ESPANTAR AS MOSCAS. TAMÉN SABEMOS QUE PODEN SER DE DIFERENTES CORES E QUE EXISTEN DIFERENTES RAZAS DE VACAS...


PERO...SABEMOS COMO SON AS VACAS POR DENTRO? 



ESTES DÍAS, ANDAMOS A INVESTIGAR COMO É O INTERIOR DUNHA VACA E, PARA ISO, CONTAMOS COA AXUDA DA NOSA VACA BLANCA. PARA SABER CANTOS ESTÓMAGOS TEN E COMO FAI A DIXESTIÓN UN ANIMAL RUMIANTE, QUE MELLOR FORMA QUE APRENDELO A TRAVÉS DUN CONTO! NESTE CASO, O DE GARAVANCIÑO...


COMO SABEREDES GARAVANCIÑO, QUE É MOI PEQUENO, CAE DENTRO DUN REPOLO E UN BOI FAMENTO COME O REPOLO CON GARAVANCIÑO DENTRO!!

E AGORA... COMO SACAMOS DE AÍ A GARAVANCIÑO? NA NOSA INVESTIGACIÓN, DESCUBRIMOS QUE AS VACAS (E TAMÉN OS BOIS) TEÑEN O ESTÓMAGO DIVIDIDO EN CATRO PARTES (PANZA, REDECILLA, LIBRO E ABOMASO). PRIMEIRO, A COMIDA (NESTE CASO HERBA PORQUE TAMÉN DESCUBRIMOS QUE SON ANIMAIS HERBÍVOROS) VAI ENTEIRA PARA A PANZA. DESPOIS, COMO PRECISAN MASTIGALA, DEVÓLVENA Á BOCA E COMEZAN A REMOER...ESTE É O MOMENTO PERFECTO PARA SACAR DE AÍ A GARAVANCIÑO!!

A CONTINUACIÓN, O ALIMENTO VAI PARA A REDECILLA ONDE SE ELIMINAN RESTOS QUE A VACA E/OU O BOI PODEN TRAGAR, COMO TROZOS DE MADEIRA. A CONTINUACIÓN, PASA AO LIBRO ONDE SE ESPREME O ALIMENTO E, XA POR ÚLTIMO, ÉSTE PASA AO ABOMASO ONDE OS ANIMAIS RUMIANTES FAN A DIXESTIÓN DO MESMO XEITO QUE A FACEMOS NÓS.

DESPOIS, XURDIU OUTRA PREGUNTA...SÓ REMOEN AS VACAS E OS BOIS?. OS PEQUES TIÑAN A RESPOSTA BASTANTE CLARA, NOOOON!! TAMÉN REMOEN AS OVELLAS E AS CABRAS... E DESCUBRIMOS ALGÚN MÁIS!






COMO AGORA XA COÑECEMOS MOITOS ANIMAIS RUMIANTES, NA ASAMBLEA FACEMOS UN XOGO QUE CONSISTE EN CLASIFICAR DIFERENTES ANIMAIS EN RUMIANTES E NON RUMIANTES...



No hay comentarios:

Publicar un comentario