"PROFE, XOGAMOS UNHA PARTIDA AO BINGO?" ESTA É UNHA DAS PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES DENTRO DA MIÑA AULA DENDE QUE OS PEQUES DESCUBRIRON O XOGO DO BINGO.
AO PRINCIPIO, XOGABAMOS CON BINGOS REFERENTES AOS NOSOS NOMES...
SACÁBAMOS LETRAS E CADA UN DOS NEN@S COLOCABA OS GOMETS A MEDIDA QUE ÍAN SAINDO AS LETRAS DO SEU NOME...
AGORA QUE XA TEMOS A DINÁMICA DO XOGO MOI INTERIORIZADA E, APROVEITANDO QUE ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO DA VACA, XOGAMOS AO BINGO COS ANIMAIS DA GRANXA COMO PROTAGONISTAS...
É UN XOGO PERFECTO PARA TRABALLAR A LECTO-ESCRITURA. CADA PARELLA TEN O SEU BINGO. PRIMEIRO OBSERVAN QUE ANIMAIS DE GRANXA TEÑEN E EXPRÉSANO ORALMENTE A TOD@S OS COMPAÑEIR@S E, A CONTINUACIÓN, COMEZA A PARTIDA...
ÍMOS SACANDO AS PALABRAS, LÉMOLAS FIXÁNDONOS NA PRIMEIRA LETRA (VERMELLA) PARA GUIAR A DIRECCIONALIDADE E, DESPOIS, MIRAMOS SE ESE ANIMAL ESTÁ NO NOSO BINGO. SE O TEMOS COLOCAMOS ENCIMA O GOMET...
O QUE MÁIS NOS GUSTA É COLOCAR OS 6 GOMETS E BERRAR...BINGO!! MIRADE QUE BEN O FACEMOS...
AQUÍ VOS DEIXO UN SLIDESHARE QUE CONTÉN OS BINGOS DOS ANIMAIS DA GRANXA POR SE QUEREDES EMPREGALOS COS VOSOS PEQUES...
No hay comentarios:
Publicar un comentario